Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.012

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

LEITEIRA PICO SACRO, S.C.L.

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa agraria Leiteira Pico Sacro, con domicilio en Boqueixón (A Coruña), Lestedo, s/n e CIF F-15110430, por medio do presente anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que a asemblea xeral da cooperativa, na súa reunión do día 9 de setembro de 1999, acordou fusionarse coas sociedades cooperativas agrarias Plantel Pico Sacro, S.C.L. e Santa Cristina de Nemenzo, S.C.L., polo sistema de absorción, resultando as sociedades absorbidas estas dúas últimas.

Os acredores terán o dereito a se opoñeren nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

En Boqueixón, 9 de setembro de 1999.

El secretario

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado