Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 21/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 20 de setembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ampliación do centro parroquial San Pablo, presentado pola Diocese de Santiago de Compostela.

2. A concesión da licencia para a devandita ampliación quedará condicionada á petición e aprobación por parte do concello, do alleamento da parcela necesaria para a ampliación do centro parroquial.

3. Ordena-la súa publicación na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que á vista do expediente, que permanecerá exposto ó público de luns a venres, na oficina de planeamento do Servicio Municipal de Urbanismo, desde as 12 ata 14 horas, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de setembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Conselleiro delegado de Urbanismo