Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 29 de setembro de 1999, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerá o concurso, por procedemento aberto, das obras de consolidación e rehabilitación do edificio Curros Enríquez de Celanova, quedando exposto ó público polo prazo de catro días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP de Ourense, para efectos de reclamacións

O mesmo tempo, anúnciase concurso, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Celanova.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción da obra de consolidación e rehabilitación do edificio Curros Enríquez de Celanova, de acordo co prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polos arquitectos Vilas Cruz, Rodríguez Basalo, Rodríguez Fernández e Martínez Rodríguez e aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do 29 de setembro de 1999.

b) Lugar de execución: concello de Celanova, r/ Curros Enríquez, número 37.

c) Prazo de execución: trinta meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxucicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.

Orzamento base de licitación: 94.427.192 pesetas.

Criterios de selección para adxudicación da obra:

-Obras realizadas de características similares: ata 5 puntos.

-Menor prazo de execución: máximo de 3,5 puntos.

-Mellor prezo: ata 1 punto.

-Medios ó servicio da obra: ata 0,50 puntos.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de contrata.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Celanova.

b) Domicilio: Praza Maior, número 1.

c) Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Teléfonos: 988 43 14 81-43 14 87.

e) Telefax: 988 45 16 23.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 1 a 9, categoría D.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP de Ourense ou Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do Concello de Celanova, das nove ás catorce horas.

-Domicilio: Praza Maior, 1.

-Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Celanova.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Celanova.

d) Data: ás doce horas do día seguinte hábil (agás sábados) a aquél en que termine o prazo de presentación.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Celanova, 29 de setembro de 1999.

O alcalde

Rubricado