Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola

Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción ó artigo 26 e da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa de Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na r/ Germán Adrio Sobrido, 6-baixo en Pontevedra.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto ni artigo 114 de concordantes da citada lei, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, pode formular recurso de alzada ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Pontevedra, 13 de setembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 212/98.

Denunciada: Ángela Bugarín Lago.

Enderezo: r/ Hernán Cortés, 10, Vigo.

Establecemento: Karaoke Salsa.

Sanción: 20.000 ptas.

Nº de expediente: 549 y 550/98.

Denunciado: Dananber, S.L.

Enderezo: r/ Zamora, 8, Vigo.

Establecemento: Figúrate.

Sanción: 25.000 ptas.

Nº de expediente: 571/98.

Denunciado: José Bernárdez Bermello.

Enderezo: r/ Benito Vigo, A Estrada.

Establecemento: PK 2.

Sanción: 10.000 ptas.

Nº de expediente: 2/98.

Denunciado: José Bernárdez Bermello.

Enderezo: r/ Benito Vigo, A Estrada.

Establecemento: PK 2.

Sanción: 10.000 ptas.