Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se publica a adxudicación do contrato de obras de ampliación da residencia de Laraxe.

En cumprimento do establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de obras nos seguintes termos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación da residencia da 3ª idade de Laraxe.

b) Data de publicación: DOG nº 125, do día 1-7-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 11.835.298 ptas. (71.131,57 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 7-9-1999.

b) Contratista: Manuel Varela Collazo, S.L.

c) Importe: 11.750.000 ptas. (70.618,92 euros).

d) Prazo de adxudicación: 4 meses.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais