Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de xullo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o estudio de detalle de aliñacións na rúa Tenencia-Tarascón, a pedimento do Concello de Ourense.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Ourense, 3 de setembro de 1999.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente