Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (119/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de xullo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o estudio de detalle de aliñacións na rúa San Pedro das Caldas, a pedimento do Concello de Ourense.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 3 de setembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente