Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o 26 de agosto de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ferrol no antigo cuarteirón de

intendencia, ensanche A, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

En sesión celebrada o 5 de marzo de 1999, o Concello Pleno acordou a aprobación provisional da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ferrol no antigo cuarteirón de intendencia, ensanche A. O 12 de marzo, enviouse o expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públias e Vivenda solicitando o informe preceptivo establecido no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. O 27 de maio de 1999 recibiuse informe da Dirección Xeral de Urbanismo informando favorablemente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ferrol no antigo cuarteirón de intendencia, ensanche A, coa expresa condición de que se cumpriran as dúas observacións contidas no informe, consistentes en: 1. Mante-la edificabilidade prevista pola planificación vixente, suprimindo os corpos beirados pechados e o aproveitamento baixo cuberta (artigo 11.1º b da Lei 1/1997, do solo de Galicia). 2. Axusta-lo plano de alzados ás determinacións do texto

normativo vixente; en consecuencia, a vertente de cuberta deberá arrancar desde a liña de coroación da edificación. Con data do 17 de xuño de 1999, ordénaselle ó equipo redactor da modificación, Oficina de Planeamiento, S.A., que realice os traballos necesarios para axusta-lo documento ás observacións da Dirección Xeral de Urbanismo. Con data do 19 de xullo de 1999, recíbese o documento refundido para a aprobación definitiva. Vistos os informes técnicos municipais onde se considera que o documento refundido recolle detalladamente as observacións contidas no informe da dirección xeral e cumprir tódolos requisitos do citado informe; a comisión informativa de urbanismo e infraestructuras en sesión do 29 de xullo de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno propoñerlle ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ferrol no antigo cuarteirón de

intendencia, ensanche A. Segundo.-Publica-lo presente acordo e dar conta á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda. Non obstante, o Pleno resolverá.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción data pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14-7-1998).

Ferrol, 8 de setembro de 1999.

Xaime Bello Costa

Alcalde