Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Co fin de cumprir co establecido no artigo 326 da Lei de Administración local de Galicia (Lei 5/1997, do 22 de xullo), faise pública a seguinte contratación de obras:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cervo.

2. Obxecto do contrato: execución das seguintes obras:

-10213. Remate r/ da Cruz, San Cibrao.

Orzamento: 292.900 ptas.

-10214. Arranxos pista e camiños nas Cabanas (Rúa).

Orzamento: 319.000 ptas.

-10212. Ampliación r/ Atalaia, San Cibrao.

Orzamento: 223.938 ptas.

-10210. Arranxo pista polígono industrial (P.Q. Cervo).

Orzamento: 516.780 ptas.

-10211. Arranxo interior e exterior en igrexa de Sargadelos.

Orzamento: 1.200.000 ptas.

-10215. Apertura de pista Trasbar-Fraga (Castelo).

Orzamento: 3.469.850 ptas.

-10209. Asfaltado pista Trasbar-Sta. Eufemia (Trasbar).

Orzamento: 1.951.120 ptas.

-10216. Asfaltado pista acceso a Fraga (Castelo).

Orzamento: 3.319.920 ptas.

Ademais de executa-las obras de referencia, as entidades interesadas na licitación terán que presenta-lo correspondente proxecto ou solución técnica.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Este expediente contractual adxudicarase por vía de concurso, procedemento aberto e urxente.

4. Orzamento base de licitación: total 11.293.508 ptas., IVE incluído.

5. As obras executaranse no prazo máximo de 4 meses.

6. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.

7. O custo deste anuncio e outros derivados da contratación serán por conta da entidade adxudicataria.

8. Máis información: dependencias municipais (Tlf.: 982 55 77 77).

Cervo, 17 de setembro de 1999.

José Insua Pernas

Alcalde