Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 05 de outubro de 1999 Páx. 11.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de setembro de 1999 pola que se dá publicidade á Resolución do 16 de setembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por resolución da mesma dirección xeral do 23 de abril de 1999.

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería

DISPÓN:

Publica-la Resolución do 16 de setembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por resolución da devandita dirección xeral do 23 de abril de 1999 (BOE nº 114), e o anexo correspondente ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Adoptados polas corporacións locais acordos de resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 23 de abril de 1999, de acordo coa competencia atribuída a elas no artigo 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, tralo estudio conxunto das devanditas resolucións, adxudicacións coincidentes a favor de idénticos concursantes e, en consecuencia, levado a cabo por esta dirección xeral o preceptivo proceso de coordinación previsto no artigo 22.2º do citado real decreto co obxecto de evitar nomeamentos simultáneos a favor dun mesmo concursante, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Elevar a definitivos os nomeamentos efectuados polas corporacións convocantes a favor dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, nos termos seguintes:

Comunidade Autónoma de Galicia

* Secretaría categoría superior.

Pontevedra:-Concello de Marín 3626001.

López Pita, Ángel Luis. DNI 32.625.831.

* Secretaría categoría de entrada.

A Coruña:-Concello de Outes 1561001.

Nieves González, Javier. DNI 28.705.576.-Concello de Valdoviño 1586001.

Prado Fernández, Alfonso de. DNI 9.393.615.

Ourense:-Concello de Verín 3284001.

Cacharro Gosende, Francisco. DNI 33.317.954.

Pontevedra:-Concello de Caldas de Reis 3605001.

Pastor Novo, Pilar María. DNI 32.775.021.-Concello de Cambados 3606001.

Deserta trala fase de coordinación.-Concello de Valga 3655001.

Baños Campo, José Mª. DNI 1.090.510.-Concello de Vilanova de Arousa 3660001.

Deserta trala fase de coordinación.

* Sectería-intervención.

A Coruña:-Concello de Cerdido 1525001.

Díaz Tie, Paula. DNI 32.659.457.

2. Os restantes postos convocados non foron obxecto de adxudicación por falta de solicitantes, por non reunir estes os requisitos ou puntuación mínima, e por falta de resolución ou da súa remisión a esta dirección xeral por parte das corporacións respectivas.

3. O prazo de toma de posesión dos funcionarios dos que se formalizan os seus nomeamentos será de tres días hábiles, se se trata de postos na mesma localidade, e dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. O prazo de toma de posesion empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a devandita publicación. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

4. As corporacións locais deberán remitir a esta dirección xeral e ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma respectiva, copia da acta de toma de posesion e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se produzan.