Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de subministración de mobiliario con destino a diversas dependencias da Deputación Provincial da Coruña.

Expediente nº 99/8245 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: subministración de mobiliario con destino a diversas dependencias da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: deputación provincial.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 2.778.780. ptas.= 16.700,80 euros, desagregado en tres lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral de 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 23 de setembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña