Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do 6 de setembro de 1999, aprobou definitivamente o Proxecto de delimitación, estatutos e bases de actuación do polígono 2 do SUNP-28 da Barcia, promovidos por Gesprocar, S.L.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencios-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a reso

lución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencio-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde