Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación de tres asistencias técnicas, polo sistema de concurso con procedemento aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, esta delegación procedeu á adxudicación das seguintes asistencias técnicas:

Entidade adxudicadora.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, Delegación Provincial da Coruña.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: concurso, procedemento aberto.

Descrición do obxecto.

1/1999, Bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Villestro-Figueiras II (Santiago-A Coruña), BP-2766, CO99/213.011.

2/1999, Bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria na zona de Baio (Zas-A Coruña), BPD-2688, CO99/213.012.

3/1999, Bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria na zona de Filgueira de Traba (Cesuras-A Coruña), BPD-2689, CO99/213.013.

Anuncio de licitación: DOG nº 108, do 8 de xuño de 1999.

Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

1/1999: 21.505.918 ptas.; 2/1999: 12.575.608 ptas.; 3/1999: 8.212.205 ptas.

Adxudicación.

Data: 22 de xullo de 1999. Nacionalidade dos contratistas: española.

Contratistas.

1/1999. Eido Galicia, S.A. Importe da adxudicación: 13.500.000 ptas.

2/1999. Esproagro, S.L. Importe da adxudicación: 10.000.000 de ptas.

3/1999. Esateyco, S.L. Importe da adxudicación: 5.000.000 de ptas.

A Coruña, 13 de setembro de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña