Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e mediante concurso de tramitación urxente, dun contrato de subministración para o equipamento dun espectrómetro de fluorescencia de raios X, destinado ó Laboratorio de Contrastación de Metais Preciosos da Comunidade Autónoma Galega.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 10/1999.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a subministración e instalación dun espectrómetro de fluorescencia de raios X, destinado ó Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugar de exxecución: o Laboratorio de Contrastación de Metais Preciosos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: dous meses contados a partir do día da sinatura do contrato.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.600.000 pesetas, IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 172.000 ptas.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

Outras informacións:

Os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e b) da LCAP, por calquera dos seguintes medios: informe de institucións financeiras, ou no caso de tratarse de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances, no suposto de que a publicación deles sexa obrigatoria nos estados donde aquelas se atopan establecidas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, conforme o artigo 18 a) e b) da mesma lei, mediante calquera dos seguintes medios: unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, ou ben mediante descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio