Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 04 de outubro de 1999 Páx. 11.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a delimitación do contorno de protección do mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, no concello de Leiro, provincia de Ourense.

Por Real decreto do 8 de maio de l981 (Boletín Oficial del Estado do 22 de xuño) foi declarado monumento histórico-artístico o mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, no concello de Leiro, provincia de Ourense.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (Boletín Oficial del Estado

do 29 de xuño) cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección, consonte o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro).

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, e órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en materia de bens culturais, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a delimitación do contorno de protección do mosteiro de San Clodio e a súa ponte medieval, no concello de Leiro, provincia de Ourense, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola citada incoación de xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Notificarlle a presente resolución ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e ós demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble, e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberan realizarse con carácter inaprazable, precisarán en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de l999.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

A-B.-Liña coincidente co límite dos concellos Leiro-Cenlle. O punto B atópase na estrada de San Clodio a Osmo, o punto A a 650 metros.

B-C.-Liña recta que une o punto B co cumio do monte situado ó norte do mosteiro, a 249 metros de altitude.

C-D.-Liña divisoria das vertentes do monte ata enlazar coa liña que delimita, no planeamento aprobado inicialmente o 27-2-1997, o solo urbano do núcleo rural.

D-E.-Liña coincidente coa que delimita o solo de núcleo rural.

E-F.-Liña coincidente co inicio da divisoria das vertentes do monte situado ó sur do mosteiro ata un punto situado a 30 m do antigo camiño de acceso ó mosteiro desde a ponte.

F-G.-Liña que discorre paralela 30 m ó límite exterior do antigo camiño ata chegar á estrada do Carballiño a Ribadavia.

G-H.-Liña coincidente coa dita estrada ata atopa-lo desvío que leva ó núcleo da ponte.

H-I.-Liña recta, en dirección O, que atravesa o río Avia e remata no camiño que ascende á estrada de Leiro a Ribadavia.

I-J.-Liña coincidente co dito camiño ata a estrada de Leiro a Ribadavia.

J-K.-Liña quebrada coincidente co lindeiro norte da parcela catastral nº 950.1, lindeiros oeste das parcelas nº 950.1 e 966.1, atravesa a parcela nº 967.2, continúa polos lindeiros oeste das parcelas nº 968.2 e 969.2, parte do lindeiro norte e lindeiro

oeste da parcela nº 1073.3, lindeiro oeste da nº 970.3, parte do lindeiro norte e lindeiro oeste da parcela nº 971.2, lindeiro oeste da parcela 975, e atravesa a parcela nº 979 para rematar no vértice O da parcela nº 981 (todas elas do polígono catastral 42).

K-L.-Liña quebrada coincidente coa liña que delimita o núcleo de Barzamedelle, parte do lindeiro oeste e lindeiro sueste da parcela nº 984.3 e lindeiro suroeste da parcela nº 1.002 ata o seu vértice S.

L-M.-Liña recta equidistante 100 m da estrada de Leiro a Ribadavia ata un punto situado a 200 m da ponte medieval.

M-N.-Liña recta, en dirección NE, que atravesa o río Avia e remata na estrada do Carballiño a Ribadavia.

N-Ñ.-Liña coincidente con dita estrada, en dirección ó Carballiño, ata situarse a 30 m do antigo camiño de acceso ó mosteiro.

Ñ-O.-Liña que discorre paralela 30 m ó límite exterior do antigo camiño, ata chegar á divisoria das vertentes do monte situado ó sur do mosteiro.

O-P.-Liña coincidente coa divisoria das vertentes do dito monte ata atopa-lo límite dos concellos de Leiro e Cenlle.

P-A.-Liña que pecha a delimitación polo límite de concellos.