Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se fai pública a adxudicación do concurso para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun estudio de desenvolvemento dun sistema de seguimento e avaliación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico-PGIDT.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Número de expediente: 99.04.1639.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica plurianual.

b) Descrición do contrato: realización dun estudio de desenvolvemento dun sistema de seguimento e avaliación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT).

c) Data da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 16 de xullo de 1999, nº 136.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 15.000.000 de ptas.; 10.000.000 de ptas. con cargo ó orzamento de 1999 e 5.000.000 de ptas. con cargo ó orzamento do 2000.

5. Adxudicación.

a) Data de... de... de 1999.

b) Adxudicatario: Socintec (Sociedade para a Innovación e Promoción de Novas Tecnoloxías).

d) Importe: 14.900.000 de ptas.; 10.000.000 de ptas. no ano 1999 e 4.900.000 ptas. no ano 2000.

Faise pública esta resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento