Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 01 de outubro de 1999 Páx. 11.836

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (102/1999).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data, dictada polo xuíz de primeira instancia e instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 102/1999, promovido por José Landeira Varela, sobre declaración de falecemento de Dolores Mª Fariña Parajo.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, se fai público mediante este edicto, que se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o dez de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado