Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de agosto de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle da rúa peonil de 7

metros, recollida no vixente plan xeral de ordenación, que une a rúa dos Muíños coa Avda. Marqués de Figueroa na fronte das parcelas de referencia castastral nº 75401.01-77401.42-77401.47, e sinalar ás referidas parcelas a área afectada pola suspensión de licencias de edificación, parcelación e derruba.

De conformidade co disposto na lexislación vixente, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última publicación regulamentaria deste edicto polo prazo durante o que se poderá examina-lo expediente e formula-las alegacións que se consideren pertinentes ante esta alcaldía.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 14 de setembro de 1999.

Xosé Mª Rivera Arnoso

Alcalde