Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARTELLE

ANUNCIO.

Con data do 7 de setembro de 1999 foi aprobado por resolución da alcaldía o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de mellora de iluminación pública en Espiñoso, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 9.250.000 pesetas.

Fianza provisional: 185.000 pesetas.

Fianza definitiva: 370.000 pesetas.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do primeiro día hábil (agás sábado) seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Cartelle, teléfono: 988 49 11 11, fax: 988 49 11 20.

Cartelle, 8 de setembro de 1999.

Jaime Sousa Seara

Alcalde