Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 30 de setembro de 1999 Páx. 11.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T. Rosalino-Veigadaña no termo municipal de Mos, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e da que con data do 6-11-1998 foi decretada a urxente ocupación segundo o Decreto 311/1998, publicado no Diario Oficial de Galicia número 226, do 20 de novembro. (Expediente 95/221 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que o día 14 de outubro de 1999, a partir

das 11 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Mos, sinalados cos números:

Predios: 4-21.

Hora: 11 horas.

Día: 14-10-1999.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 31 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 95/221 Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T. Rosalino-VeigadañaTermo municipal: Mos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4PenedoMonte altoCarmen Martínez MaceiraMonte Sanguiñeda, 45

36418 Mos

11394

5EscribeirasMonte altoAdoración Costas LagoCebra-Petelos, 13

36416 Mos

1104

7EscribeirasMonte altoSilvina Álvarez PereiroMonte-Sanguiñeda, 4

36418 Mos

5105

11EscribeirasMonte altoFrancisco Sio GiráldezTravesía Cruceiro, 1

36400 O Porriño

36

13EscribeirasMonte altoCelia Lorenzo MaceiraManuel Rodríguez, 120

36400 O Porriño

3235245

16EscribeirasMonte altoRamón Castro Tourón

Alberto Castro Tourón

Travesía de Vigo, 68-2º I

36206 Vigo

12102

19EscribeirasLabradíoAmelia Novo AlonsoVeigadaña-Petelos, s/n

36416 Mos

12130

21EscribeirasMonte altoPastora Martínez MaceiraMonte-Sanguiñeda, 42

36418 Mos

4103126