Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 15-9-1999 o estudio de detalle formulado para agregación de predios e definición de volumetría e estética na Rúa Nova, números 80-82, solicitado por Isauro Díaz Mouriz.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla nº 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 16 de setembro de 1999.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área