Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 29 de setembro de 1999 Páx. 11.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 26 de agosto de 1999, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 9/1999 no ensanche B, comprendendo as parcelas propiedade de Carlos Muíño Couce en representación de Muíño Promotores, S.L., Juan Antonio Gómez Eirín e Manuela Gómez Díaz sitas na estrada de Castela e r/ México esquina bordo da estrada da Trincheira, cualificadas no Plan xeral como edificable en 146,2 m na primeira parcela e como zona verde (V-55) en 163 m na segunda parcela, no ámbito da UR-20.

De conformidade co establecido na lexislación vixente, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para efecto de presentación de reclamacións e observacións que, se é o caso, han de dirixirse á alcaldía-presidencia.

Durante o trámite de información pública pode consultarse o expediente na xerencia de urbanismo do concello e en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 7 de setembro de 1999.

Xaime Bello Costa

Alcalde