Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso para a mellora da rúa Maior de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 183/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de mellora da rúa Maior de Verín.

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 51.750.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.035.000 pesetas.

Definitiva: 2.070.000 pesetas, máis o 4% sobre o importe das melloras das obras que se oferten, que se valoren e que se acepten no concurso.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: Praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: G-6-d).

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador esta obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratción.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo o festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: Decreto do 17-9-1999.

c) Consulta documentación: Imprenta Monterrey, Avda. de Portugal, fronte á Praza do Concello, Tfno.: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 17 de setembro de 1999.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde