Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación.

O alcalde, mediante Decreto do 30 de xuño de 1999 (número 1455), aprobou o proxecto de compensación de propietario único na unidade de execución nº 21, quinteiro 1208, Vaquería, Carme de Abaixo, promovido por Construcciones Otero Pombo, S.A.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestivamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o de reposición. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde