Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 28 de setembro de 1999 Páx. 11.720

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999 pola que se corrixe omisión advertida na Resolución do 30 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 1 de setembro), pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertida omisión no anexo I da resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (DOG do 1 de setembro), pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado, ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número: 99/039, onde di: «Docencia en Diagnóstico en Educación», debe dicir: «Docencia en Diagnóstico en Educación. Clase de convocatoria: concurso».

A Coruña, 3 de setembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña