Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 17 de setembro deste ano, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por concurso das obras dos proxectos de luz pública na praza de Bretoña e luz pública na praza da Pastoriza, expóñense ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación de ámbalas obras, aínda que no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia Corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto dos contratos.

a) Luz pública na praza de Bretoña.

-Prazo de execución: tres meses.

-Orzamento de licitación: 8.494.958 pesetas.

-Garantía provisional: 169.900 pesetas.

-Garantía definitiva: 339.798 pesetas.

b) Luz pública na Pastoriza.

-Prazo de execución: tres meses.

-Orzamento de licitación: 3.439.696 pesetas.

-Garantía provisional: 68.794 pesetas.

-Garantía definitiva: 137.588 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata as catorce horas do día inmediato anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, das dez ás catorce horas tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, praza de Galicia, nº 1.

d) Admisión de variantes: si.

6. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións terá lugar a apertura do sobre A, que conteña a documentación xeral presentada polos licitadores, en sesión non pública. O quinto día hábil seguinte a aquel en que teña lugar a cualificación da documentación xeral terá lugar en acto público a apertura do sobre B, que conteña a proposición económica.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

-Melloras técnicas e unidades de obra non recollidas no proxecto, ata oito puntos.

-Prazo de execución da obra ofertado polo contratista, ata catro puntos, condicionado á súa viabilidade, a criterio da mesa de contratación ou do informe ou informes técnicos correspondentes.

-Menor prezo ofertado, ata dous puntos.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 18 de setembro de 1999.

José Yáñez García

Alcalde