Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 24/1999).

O Pleno Municipal, na sesión do día 13 de setembro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Ventorrillo Coruña, S.A., no polígono nº 2 do APE F8.01, coas seguintes matizacións:

-O paso de 12 metros de diámetro, perpendicular á Ronda de Outeiro terá necesariamente a condición de patio de parcela (titularidade privada de uso público), xa que doutro modo as dúas parcelas propostas incumprirían a edificación máxima permitida pola norma zonal 2.1 (70%xSpxNº plantas).

-A ocupación baixo rasante do espacio libre público será autorizada, e a urbanización deberá cumpri-las condicións do artigo 5.2º.7 a 6 das NN.UU. do plan xeral.

O que se publica para xeral coñecemento significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 14 de setembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo