Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión da explotación Esperanza, situada no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense) e promovida por Pizarras Hispanas, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explo

tación Esepranza, situada no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense) e promovida por Pizarras Hispanas, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense.

* Concello de Carballeda de Valdeorras.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental