Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Malena 6988, situada no municipio de Vimianzo (provincia da Coruña) e promovida por Granitos del Val, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de ava

liación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Malena 6988, situada no termo municipal de Vimianzo (provincia da Coruña) e promovida por Granitos del Val, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña.

* Concello de Vimianzo.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental