Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999 pola que se convoca concurso público para a adquisición dun vehículo tipo turismo, con destino ó parque móbil da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Nº de expediente: 269/1999.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: adquisición dun (1) vehículo tipo turismo, coas características e calidade mínimas descritas no prego de prescricións técnicas.

Lugar de entrega: dependencias do parque móbil da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela.

Prazo de entrega: máximo de 30 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado:

Importe total de tres millóns cento cincuenta mil pesetas (3.150.000 ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe en virtude do artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Definitiva: cento vinteseis mil pesetas (126.000 ptas.)

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª) Domicilio: San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

8. Apertura das proposicións.

Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio: San Caetano, s/n.

Localidade: Santiago de Compostela.

Data: o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día hábil.

Hora: ás 10 horas.

9. Gastos de anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1999.

P.D. (Orde do 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria