Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.665

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición.

O punto 3 da base sexta B) da Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31), modificada por resolución da División de Recursos Humanos do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, dispón que os diversos exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar ou lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal publique no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, de conformidade co disposto no punto 3, da base sexta B) da citada convocatoria, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose para isto expresamente a este centro directivo, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio das clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o vindeiro día 29 de setembro de 1999, ás 16.30 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, sito en San Lázaro s/n.

Segundo.-O chamamento será único e serán excluídos do concurso-oposición os aspirantes que non comparezan, debendo ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos