Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Inmacu, S.L., no concello de Cambre (A Coruña), e se inclúe no réxime especial de producción de enerxía eléctrica. (Expediente 99/290).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Inmacu, S.L., con enderezo para efectos de notificacións no polígono industrial de Espírito Santo, no concello de Cambre (A Coruña), resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data 13 de abril de 1999, a citada empresa solicitou a autorización administrativa e o

recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo R.D. 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, actualmente vixente, da súa planta de coxeración.

Segundo.-As características básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Un grupo motor-xerador alimentado con gasóleo de 325 kVA de potencia, factor de potencia 0,8 e tensión de xeración 380 V.

-Instalación de almacenamento de combustible, regulación, control, protección e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 18 de maio de 1999 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño e no BOP da Coruña do 3 de xuño, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Cuarto.-O proxecto ten informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas exixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Inmacu, S.L., que se situará nas súas instalacións do termo municipal de Cambre, na provincia da Coruña.

-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo a.1 do artigo 2 do dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria