Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e con tramitación ordinaria, as obras de ampliación de 6 unidades do CEIP de Bentín-Ames e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1) a) Descrición do obxecto: ampliación de 6 unidades no CEIP de Bentín-Ames.

b) Lugar de execución: Ames.

c) Prazo de execución: 6 meses.

d) Importe total: 56.826.429 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.2.) a) Descrición do obxecto: ampliación e remodelación do IES de Monelos, A Coruña.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 5 meses.

d) Importe total: 59.993.895 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría e.

2.3.) a) Descrición do obxecto: reparacións para adaptación do IES Agra do Orzán, A Coruña.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: 6 meses.

d) Importe total: 62.980.881 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Garantías.

Exímese da garantía provisional ó abeiro do establecido no artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Se este cadra en sábado ou domingo, será ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que a presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de setembro de 1999.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña