Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 24 de setembro de 1999 Páx. 11.602

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de setembro de 1999 pola que se dispón o cesamento dos vocais que en representación do Concello da Coruña forman parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que

a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ós que aqueles representen, polo que, recibido o acordo do pleno, do 9 de xullo de 1999, do Concello da Coruña, polo que se nomean novos representantes da dita corporación na Autoridade Portuaria da Coruña, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Que cese Federico de la Fuente Esperante, como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación do Concello da Coruña, agradecéndolle os servicios prestados.

Que cese Javier Losada de Azpiazu, como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación do Concello da Coruña, agradecéndolle os servicios prestados.

Que cese Pedro Vasco Pardavila, como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación do Concello da Coruña, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda