Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de servicios de instalación e seguimento de usuarios do programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica vía módem.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de instalación e seguimento de usuarios do programa Igatel do Igape vía módem.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: C.P. 22/1999.

2. Obxecto do contrato: servicios de instalación e seguimento de usuarios do programa Igatel do Igape vía módem.

O contrato executarase de forma sucesiva segundo as necesidades do Igape, de conformidade co artigo 173.1º a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Período de vixencia: un ano, prorrogable ata o máximo legal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: tres millóns oitocentas vinteoito mil pesetas (3.828.000 ptas.), Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidir en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica