Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, con tramitación urxente e mediante concurso, dun contrato de servicios consistente no desenvolvemento e realización de accións formativas e divulgativas sobre hábitos adaptados de consumo, tomando como protagonista a mascota infantil Camaleo.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: accións formativas e divulgativas sobre hábitos de consumo.

Prazo de execución: a subministración realizarase no prazo de 30 días desde a data da sinatura do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira

a través dun informe de institucións financeiras de conformidade co establecido no artigo 16.1º a) de LCAP.

A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, tal como dispón o artigo 19 e) da citada lei.

Orzamento base de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas).

Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (300.000 ptas.).

Obtención de documentación e información.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa, 10 A-2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

-Teléfono: 981 54 45 12.

-Fax: 981 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A-2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A-2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caese en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.

Jorge J. Rodríguez Vázquez Molezún

Presidente do Instituto Galego de Consumo