Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1770; XG-123, Guillarei-Tui-Ponte Internacional.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 15 de xullo de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares Lázara, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada; V-1770; XG-123, Guillarei-Tui-Ponte Internacional, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Guillarei, Tui e Ponte Internacional.

* Guillarei, Páramos, A Carballiza, Torreiro, Revolta, O Piñeiro, Salceda, Arras, Rañada e Salvaterra.

* Ponte Internacional, Tui, cruzamento N-550/PO-413, Guillarei, Páramos, A Carballiza, Torreiro, Revolta, O Piñeiro, Salceda, Arras, Rañada e Salvaterra.

2. Expedicións.

-Salvaterra-Salceda-Guillarei-Tui-Ponte Internacional (21,7 km).

* Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 11,4706 pesetas.

-Tarifa usuario: 12,2736 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,7206 pesetas.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes