Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 23 de setembro de 1999 Páx. 11.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0527; XG-034, Vigo-Antas, con anexos, por substitución da concesión V-0527; XG-034, entre Ponte-Caldelas, Redondela e Vigo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 28 de xuño de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autocares A.G. Turismo, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0527; XG-034, Vigo-Antas, con anexos, por substitución da concesión V-0527; XG-034, entre Ponte-Caldelas, Redondela e Vigo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Vigo, Teis (cemiterio), Chapela de Arriba, Alto da Encarnación, Cabanas, Rande, Formiga, Redondela, Cesantes, Soutoxuste, Arcade, Soutomaior, Insua, Ponte-Caldelas, Caritel, A Lama, Racelo (C Penitenciario), Ponte Verdugo e Antas.

* Vigo, Puxeiros e Cuvi.

* Cabanas, autoestrada e Puxeiros.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Redondela e Alto da Encarnación, puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo Redondela-Alto da Encarnación para Vigo, e viceversa.

* De e entre Alto da Encarnación e Vigo, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Ponte-Caldelas e Antas, puntos intermedios e viceversa.

Sen prexuízo da aplicación das prohibicións anteriores, nas expedicións con destino e orixe no Cuvi establécense, ademais, as seguintes prohibicións de tráfico:

* Do tramo Redondela-Vigo, incluídos ámbolos puntos, para o tramo Vigo-Cuvi e viceversa.

* O itinerario entre Vigo e Cuvi realizarase a porta pechada con prohibición de tráfico entre ámbolos dous puntos.

3. Expedicións.

-Antas-Racelo-A Lama-Ponte-Caldelas-Redondela-Vigo (51,1 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables, domingos e festivos.

-Ponte-Caldela-Redondela-Vigo (39,6 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Antas-Racelo-A Lama-Ponte-Caldelas-Redondela-Vigo-Cuvi (65,1 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres días lectivos.

-Vigo-Redondela-Ponte-Caldelas (39,6 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

-Ponte-Caldelas-Redondela-Cabanas-Autoestrada-Puxeiros-Cuvi (30,7 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres días lectivos.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,8274 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,3570 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,3241 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral Transportes