Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Meira.

2. Obxecto do contrato:

a) Proxecto de:

Pavimentación da rúa Carballous na vila.

b) Lugar de execución: Meira.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 7.858.682 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 157.174 pesetas. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 314.347 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

Ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións, no Concello de Meira, Secretaría, praza do Concello s/n, código postal 27240, Meira (Lugo), teléfono e fax: 982 33 01 02.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido nas cláusulas 7.1 e 7.2 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en tres sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.2 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas, conterá os documentos reflectidos na cláusula 11.3 do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Meira, Secretaría, praza do Concellos s/n, 27240 Meira.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (melloras de calidade) como cuantitativas (novas unidades de obra), formulándose de conformidade co previsto na cláusula 11.3.d) do prego.

9) Apertura das ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Meira, na praza do Concello

s/n, ás doce horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Meira, 11 de setembro de 1999.

Nonito Rodríguez Morán

Alcalde de Meira en funcións