Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 22 de setembro de 1999 Páx. 11.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 6 de setembro de 1999, acordouse:

Someter a información pública por un prazo de vinte días a proposta de reparcelación voluntaria dos terreos que constitúen o ámbito da unidade de actuación nº 52 do PXOU, formulada polos propietarios dos terreos que constitúen o ámbito da citada unidade, de conformidade co disposto no artigo 103 da Lei do solo de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 8 de setembro de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde