Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, con procedemento aberto e tramitación de urxencia, dun servicio de vixilancia encargado da serguridade das instalacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización dos traballos que se especifican no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: o que se fixa no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado: seis millóns cincocentas corenta mil (6.540.000) pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: cento trinta mil oitocentas (130.800) pesetas.

6. Garantía definitiva: duascentas sesenta e unha mil seiscentas (261.600) pesetas.

7. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que deberá rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

8. Presentación de proposicións.

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

c) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

d) Lugar de presentación: no rexistro da sede central do IGVS.

9. Apertura de proposicións.

a) Lugar: sala de xuntas da sede central do IGVS.

b) Data: o quinto (5) día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día hábil.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo