Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 20 de setembro de 1999 Páx. 11.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación da asistencia técnica consistente na formación do inventario das cámaras da propiedade urbana de Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS do 30 de agosto de 1999, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foi adxudicado o contrato de referencia, á empresa Arthur Andersen y Cía. S. Com. por importe de dez millóns novecentas mil (10.900.000) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo