Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de agosto de 1999, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infración da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00433-I-99 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictads polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación, ós denunciados,d e enderezos descoñecidos, e en cumplimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 10 de agosto de 1999.

Adelaida Herrrero Marcos

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00433-I-99

C-9999-BC

33105050T

Agro Eisa, S.L.

Polig. A Gándara, parcela 158

15407 Narón (A Coruña)

Non face-lo visado da autorización no prazo regulamentario.Art. 46 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00448-I-99

C-1054-BM

33105050T

Antonio Hernández Amador

Polígono Elviña 2ª fase, B16, P1-7º C

15008 A Coruña

No face-lo visado da autorización no prazo regulamentario.Art. 46 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 210 R.D. 1211/199025.000 ptas.
XC-00449-I-99

C-4719-V

LE90R00324133918

Empresa Vidal, S.L.

Sagrada Familia, 37, 3º Esqu.

15007 A Coruña

Facer transporte público de viaxeiros de uso especial (estudiantes) ó IES Cruceiro Baleares de Culleredo co vehículo C-4719-V, que está provisto de autorización de transporte da clase VD-N, non levando a bordo del a autorización específica para face-lo dito transporte.

13-4-1999; 8.15; ;

Art. 7 do Decreto 160/1988, do 9 de xuño do 1998, da COTOP, (DOG nº 121, do 27)Art. 143 Lei 16/1987,

210 R.D. 1211/1990

5.000 ptas.