Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 17 de setembro de 1999 Páx. 11.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 7 de setembro de 1999 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde (Sergas).

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio á Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Sergas establece no seu Art. 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 291/1993, do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Sergas, de servicios de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 16 de decembro de 1998, publicada no DOG nº 251, do 30 de decembro, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Sergas, con efectos do 1 de xaneiro de 1998.

Nembargantes, tendo en conta a evolución do índice de prezos de 1998, as previsións para 1999 e as tendencias dos custos da asistencia sanitaria, resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como as tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios en réxime de asistencia sanitaria concertada.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para 1999 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes serán as que se especifican nos puntos seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos

e niveis

Porcentaxe

aumento %

Tarifas

médicos

propios

(pesetas)

Tarifas

médicos

propios

(euros)

Tarifas

médicos

Sergas

(pesetas)

Tarifas

médicos

Sergas

(euros)

G. INI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

3.583

4.542

5.400

21,537

27,296

32,452

2.582

3.542

4.423

15,516

21,287

26,583

G. IINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

4.716

6.485

10.072

28,344

38,973

60,534

3.705

5.480

9.110

22,268

32,933

54,751

G. IIINI

NII

1,4

1,4

5.694

8.358

34,219

50,235

4.709

7.407

28,302

44,519

G. IVNIA

NIB

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

1,4

9.767

7.502

10.431

10.431

58,700

45,085

62,692

62,692

8.757

6.508

9.448

9.448

52,630

39,113

56,786

56,786

G. VNI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

8.754

9.732

13.254

52,612

58,493

79,658

7.844

8.828

12.328

47,145

53,057

74,094

G. VINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

7.910

11.301

13.247

47,541

67,921

79,615

6.985

10.407

12.354

41,983

62,545

74,246

G. VIINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

16.535

20.216

25.551

99,379

121,501

153,563

15.625

19.318

24.637

93,906

116,102

148,072

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde que non estean asimilados ós grupos e niveis anteriormente indicados, incrementaranse nun 1,4 por 100.

2. Asistencia ambulatoria.

2.1. Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos

e niveis

Porcentaxe

aumento %

Tarifas

médicos

propios

(pesetas)

Tarifas

médicos

propios

(euros)

Tarifas

médicos

Sergas

(pesetas)

Tarifas

médicos

Sergas

(euros)

G. INI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

3.100

3.100

3.100

18,630

18,630

18,630

1.550

1.550

1.550

9,318

9,318

9,318

G. IINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

3.100

3.100

4.641

18,630

18,630

27,893

1.550

1.550

1.653

9,318

9,318

9,934

G. IIINI

NII

1,4

1,4

3.100

3.908

18,630

23,487

1.550

1.653

9,318

9,934

G. IVNIA

NIB

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

1,4

4.413

3.391

4.800

4.772

26,522

20,379

28,850

28,680

2.273

2.273

2.893

2.893

13,663

13,663

17,387

17,387

G. VNI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

4.121

4.581

6.210

24,767

27,534

37,321

2.893

2.893

3.307

17,387

17,387

19,873

G. VINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

4.581

5.318

6.237

27,534

31,964

37,486

2.945

2.996

3.203

17,698

18,009

19,252

G. VIINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

7.788

9.430

11.670

46,804

56,677

70,139

3.410

3.617

3.926

20,495

21,738

23,597

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

2.2. Consultas sucesivas e revisións:

Grupos

e niveis

Porcentaxe

aumento %

Tarifas

médicos

propios

(pesetas)

Tarifas

médicos

propios

(euros)

Tarifas

médicos

Sergas

(pesetas)

Tarifas

médicos

Sergas

(euros)

G. INI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

1.550

1.550

1.550

9,318

9,318

9,318

775

775

775

4,656

4,656

4,656

G. IINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

1.550

1.550

2.321

9,318

9,318

13,950

775

775

826

4,656

4,656

4,967

G. IIINI

NII

1,4

1,4

1.550

1.954

9,318

11,744

775

826

4,656

4,967

G. IVNIA

NIB

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

1,4

2.207

1.695

2.400

2.386

13,267

10,190

14,425

14,340

1.137

1.137

1.447

1.447

6,832

6,832

8,697

8,697

G. VNI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

2.060

2.291

3.105

12,384

13,767

18,661

1.447

1.447

1.653

8,697

8,697

9,934

G. VINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

2.291

2.660

3.118

13,767

15,985

18,740

1.472

1.499

1.601

8,849

9,007

9,623

G. VIINI

NII

NIII

1,4

1,4

1,4

3.895

4.716

5.835

23,408

28,344

35,066

1.705

1.808

1.963

10,244

10,866

11,798

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que superen as tarifas máximas fixadas para 1999 non sufrirán ningún incremento.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que non acaden os topes sinalados para 1999 revisaranse coa porcentaxe

de aumento correspondente ó grupo e nivel do centro, sempre que non superen as tarifas máximas de consultas sucesivas fixadas para 1999.

3. Servicios especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

3.1. Tratamento domiciliario da síndrome de apnea do sono e insuficiencias respiratorias.

Tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. CPAP-4032,422
2. BIPAP espontánea (dobre presión)-5943,570
3. BIPAP controlada (dobre presión)-1.0456,281
4. Respirador volumétrico-2.30013,824
5. Monitor de apnea-6473,889

3.2. Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

Tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Osixenoterapia con concentradores-5703,426
2. Osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno-5333,204
3. Osíxeno líquido-1.3358,024

O Sergas aboará ós pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 2.532 ptas. (15,218 euros) por mes de tratamento. A citada cantidade poderase aboar directamente ó enfermo ou ben á empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ó enfermo, na facturación mensual presentada por aquela.

O número de pacientes con tratamento de osíxeno líquido non poderá exceder do 7 por 100 do número total de pacientes de cada concerto. O exceso sobre esta porcentaxe facturarase ó prezo fixado para pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno.

3.3. Aerosolterapia e ventiloterapia.

Tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Tratamento individualizado de aerosolterapia e ventiloterapia-9,882191,317
2. Tratamento individualizado de aerosolterapia con alto fluxo-3201,924

3.4. Radioterapia e quimioterapia.

Tarifas máximas por día ou sesión/campo para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Radioterapia superficial1,41.1997,207
2. Quimioterapia1,41.72210,350

3.5. Rehabilitación.

Tarifas máximas para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria1,412.64075,968
2. Por cada sesión deste tratamento1,45063,042

3.6. Fisioterapia e logopedia.

Tarifas máximas para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria1,414.72688,505
2. Por cada sesión deste tratamento1,45853,516

3.7. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Tarifas máximas para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría1,427.522165,411
2. Por cada sesión deste tratamento1,41.1026,624

3.8. Hemodiálise por sesión.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. En centros hospitalarios-19.363116,374
2. Nun club de diálise1,418.747112,672
3. En centros satélites con persoal sanitario do Servicio Galego de Saúde1,414.92689,707
4. En centro satélite con persoal sanitario da empresa concertada1,417.748106,668
5. No domicilio do enfermo con máquina1,416.49699,143
6. Diálise domiciliaria con máquina a través dun club de diálise1,416.49699,143

3.9. Hemodiálise por día.

Tarifas máximas por día de tratamento para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC)1,46.15737,004
2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora-10.77464,753
3. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora baixo volume (<15 l/día)-8.65051,988
4. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise-6.07236,494
5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático1,47.59545,647

3.10. Suplemento de diálise.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:
a) Hemodiálise no domicilio do enfermo con máquina1,42.31613,919
b) Resto de hemodiálise1,41.2137,290
2. Suplemento por diálise peritoneal ambulatoria con solución de poliglicosa-9205,530

Co obxecto da facturación e aboamento dos servicios de hemodiálise a domicilio, diálise peritoneal ambulatoria continua e diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático, as tarifas establecidas no punto anterior para estas prestacións diferenciaranse, dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación:

Ptas.Euros

1. Hemodiálise a domicilio con máquina:
-Material funxible6.92241,602
-Material fixo9.57457,541
2. Diálise ambulatoria continua:
-Material funxible6.15737,004
3. Diálise a domicilio con ciclador:
-Material funxible8.54751,369
-Material fixo2.22713,385
4. Diálise a domicilio con ciclador baixo volume (<15 l/día):
-Material funxible6.92041,590
-Material fixo1.73010,398
5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático:
-Material funxible6.48538,976
-Material fixo1.1106,671

Con independencia da tarifa fixada no número 3.8 punto 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina aboaráselle á empresa concertada a cantidade, de pagamento único, de 269.100 ptas. (1.617,324 euros) en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles enfermos que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servicios de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do enfermo a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no punto 3.9, en concepto de paga

mento único pola formación, adestramento do enfermo nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o enfermo logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 48.438 ptas. (291,119 euros), que se aboarán na facturación do mes seguinte ó do inicio do tratamento.

Así mesmo, na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 780 ptas. (4,688 euros) por sesión.

O Sergas aboaralle ó enfermo por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, a cantidade de 755 ptas. (4,538 euros) por sesión como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboándoselle ó enfermo, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 2.070 ptas. (12,441 euros) mensuais por gastos de electricidade.

3.11. Exploracións mediante «Tac-Scanner».

Tarifas máximas por exploración para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

Por cada exploración con ou sen contraste-14.50087,147

3.12. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

Tarifas máximas por exploración para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

1. Por cada estudio simple-27.000162,274
2. Por cada estudio dobre-39.000234,395
3. Por cada estudio vascular-39.000234,395
4. Plus de anestesia-15.00090,152
5. Plus de contraste-8.00048,081

3.13. Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá tódalas probas e tratamentos precisos para a xeración de órganos e tecidos.

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

Doador efectivo1,4872.1965.242,004

4. Actualización dos prezos dos concertos vixentes.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde para a realización de servicios especiais de diagnóstico e tratamento, incrementaranse, manteranse ou diminuiranse en cada caso, nas porcentaxes e contías establecidas en cada un dos puntos anteriores sempre que non superen as tarifas máximas fixadas para 1999, de conformidade co previsto no artigo 5º da presente orde.

Estas actualizacións de tarifas non serán aplicables se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

Os prezos dos concertos vixentes para as distintas prestacións de medicina nuclear e dos servicios de diagnóstico e tratamento non incluídos nos puntos anteriores non se incrementarán en 1999.

5. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

5.1. Litotricia renal extracorpórea.

Tarifas máximas por tratamento completo para 1999.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

aumento

Ptas.

Euros

Litotricia renal extracorpórea-135.000811,367

5.2. Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos ós sinalados nos puntos anteriores de xeito individualizado ós centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

5.3. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

5.4. Nos concertos nos que estean incluídos os procesos médicos ou cirúrxicos diferenciados e teñan prevista cláusula de revisión de prezos, a contía individual de cada proceso poderá ser incrementada na porcentaxe máxima do 1,4 por 100, sempre que non superen os topes establecidos na orde.

5.5. A inclusión no concerto dalgún dos procedementos cirúrxicos requirirá, en todo caso, que o centro estea cualificado, de forma provisional ou definitiva, entre os grupos IV ó VII dos establecidos no anexo I da resolución da Secretaría de Estado para a Sanidade do 11 de abril de 1980.

Artigo 2º.-Concertos singulares.

1. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la subscrición de concertos singulares distintos ós referidos no punto 2.1 da Circular nº 1 conxunta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, Secretaría Xeral e Dirección Xeral de Atención Especializada sobre procedemento de concertos de asistencia sanitaria.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, podendo determinarse baixo a modalidade de unidades ponderadas de asistencia (UPAS), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo

en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para 1999, na que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 3º

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para o asinamento dos concertos individuais que sexan precisos de:

-Monitorizacións e terapias domiciliarias relacionadas con actividade respiratoria.

-Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

-Hemodiálise e diálise domiciliaria.

Sen prexuízo das instruccións que ó respecto dicte a División de Recursos Económicos e sen que en ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 4º.-Contratos marco.

Para efectos do previsto no artigo 160.2º f da Lei 13/1995, segundo a redacción dada a este polo artigo 72.2º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, os concertos singulares regulados no artigo 2º da presente orde terán a consideración de contrato marco en relación cos servicios establecidos no artigo 1º, puntos 3.11, 3.12 e 5, sempre que estas prestacións figuren na carteira de servicios do centro concertado.

Os contratos-programa anuais dos concertos substitutorios, así como as cláusulas adicionais dos restantes concertos singulares, que se subscriban a partir da entrada en vigor desta orde recollerán o carácter do contrato marco deles.

Constituirán condicións técnico-económicas, de carácter marco, para a contratación das prestacións recollidas no artigo 1º, puntos 3.11, 3.12, e 5, desta orde; as establecidas no propio concerto singular -se as houbese-, as que determine especificamente o Sergas ou, no seu defecto, as xerais establecidas na presente orde.

Artigo 5º.-Normas de procedemento.

1. A revisión das tarifas dos concertos vixentes o 31 de decembro de 1998 será realizada automaticamente polo Sergas, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999. Para os concertos subscritos con posterioridade ó 31 de decembro 1998 a aplicación da revisión das tarifas será desde a data da súa formalización, agás que nas súas estipulacións se recolla outra cousa.

Nos concertos en vigor que inclúan prestacións, nas cales as súas tarifas para 1999 sexan inferiores ás determinadas para 1998, a regularización que resulte pertinente efectuarase na facturación correspondente ó mes seguinte ó da entrada en vigor desta orde.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autoricen serán as incluídas nela.

2. Para axiliza-la aplicación desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1. Con independencia do procedemento de revisión previsto no artigo 2º para os concertos singulares, os directores provinciais do Sergas, no prazo máximo dun mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia, por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira dereito ó incremento.

O contido desa nota dilixencia comunicarase por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada á que se lle dá un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

2.2. Se transcorrido o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibise escrito de conformidade desta, o director provincial remitirá a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución que eleve a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución acompañada dun exemplar da nota dilixencia remitiráselle á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Secretaría Xeral, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos.

2.3. Se durante o prazo de vinte días se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á División de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 6º

As unidades de control de concertos das direccións provinciais velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos enfermos da Seguridade Social.

Artigo 7º

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999 á que se refire o artigo 4º non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas que a tarifa aplicable será a expresamente aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas auto

rizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nela.

Artigo 8º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos puntos anteriores considéranse incluídos tódolos impostos, taxas e demais cargas legais e especificamente o imposto sobre o valor engadido (IVE), dos servicios gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral e ó director xeral da División de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais