A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1999.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Cirurxía menor: guía de aplicación en atención primaria: 734 pesetas (4,41 euros).
Normativa sanitaria galega I: 5.000 pesetas (30,05 euros).
Normativa galega de farmacia: 600 pesetas (3,61 euros).