Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 16 de setembro de 1999 Páx. 11.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1999 pola que se convocan tres cursos de perfeccionamento en informática.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización de tres cursos de perfec

cionamento de informática, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo principal chegar a coñecer a un nivel profundo as características avanzadas do sistema e do paquete Microsoft Office.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia que previamente realizaran o curso básico ou acrediten coñecementos de informática; e no caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 11 para cada curso.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 27 de setembro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será esto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito implicará á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos terán lugar en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Windows 98.

b) Microsoft Office.

Datas.

Os cursos realizaranse nas datas do 4 ó 25 de outubro, cos seguintes horarios:

1º curso: de 12 a 14 horas.

2º curso: de 16 a 18 horas.

3º curso: de 18 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 29 de setembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono: 986 59 00 21.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse na aula de informática da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ó remate de cada curso entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen unha proba de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 1 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade