Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Copo Ibérica, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-7-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 4-6-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estato á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de xullo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A. e os traballadores

En Mos, 4 de xuño de 1999.

Reunidos:

Dunha parte, Josep Poch i Riba, Juan Ibáñez Mateo, Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A.

E doutra parte, o comité de empresa, representado legalmente por Xosé Miranda Vigo (CIG), en calidade de presidente Xosé Durán Castro (CIG), César Gómez Meixeiro (CIG), en calidade de secretario, Xosé A. Pérez Sánchez (CIG), Jaime Magdaleno Bello (CIG), Xosé Antonio Lorenzo Leal (CIG), Xosé Manuel González Camiña (CIG), Carmen Leiros Lago (CIG), Sabela Martín Sánchez (CIG), Xosé Gil Cortiñas (CC.OO.), Ramón Alvarado López (CC.OO.), Xesús Sotelo Waidele (CC.OO.), Xosé Mª Martín Curto (CC.OO.), e Amadeo Almuster Campos e Isolina Alonso Seijo como delegados sindicais da CIG e de CC.OO. respectivamente.

Ámbalas dúas partes recoñécense no concepto no que interveñen, coa capacidade legal necesaria para negociar este convenio, e para o efecto establecen o seguinte:

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio é para o centro de traballo da empresa Copo Ibérica, S.A., situada actualmente en Monte Faquiña, s/n, Tameiga-Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta o persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, salvo os que desempeñen labores de conselleiros da empresa, e os de alta xestión da empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 2000.

Ben entendido, que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 2000. Este convenio manterá o contido normativo na súa totalidade ata a sinatura dun novo convenio segundo o artigo 3º.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puidesen establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestións de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

a) Vixilancia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade de reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

c) Polos traballadores, a comisión estará composta por dous membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e dous representantes da empresa. Os dous representantes da empresa, serán de libre elección, sen que en ningún caso poidan exceder á representación social.

Por acordo de ámbalas dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaraas a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo único e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

Título II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Cómputo horario anual (anexo I).

O cómputo horario anual que hai que realizar en 1999 e 2000 será de 1.760 horas por traballador.

Para cumprilo, poderanse utilizar como días de axuste horario as seguintes xornadas:

-4 horas de reducción da xornada o día 5 de xaneiro.

-4 horas de reducción da xornada o día 23 de decembro.

-30 de xullo.

-11 de outubro.

-7 de decembro.

-27, 28, 29, 30 de decembro.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

-1ª quenda: de 6 a 14 horas de luns a venres.

-2ª quenda: de 14 a 22 horas de luns a venres.

-3ª quenda: de 22 a 6 horas de luns a venres.

-Quenda partida: de 8 a 13 horas e de 14 a 17 horas de luns a venres. Excepto do 15 de xuño o 15 de setembro onde os venres terán o horario de 7 a 15 horas.

A quenda partida aplicarase nos departamentos técnicos e administrativos así como nos novos contratos para outras funcións (almacéns, etc.). Tamén, e de acordo cos interesados, poderá ser aplicado para postos de nova creación que o requiran ou en casos de ascensos a postos con este horario. A hora da pausa para a comida poderá oscilar, de acordo cos afectados, en función das necesidades do posto.

Dentro das 40 horas semanais, están computados 17 minutos por parada de bocadillo, diariamente por quendas.

A 1ª e 2ª quenda será realizada polo persoal da empresa, mediante un sistema rotativo; a 3ª quenda será realizada o persoal eventual, por traballadores en cadro de persoal fixo desde o 1 de xaneiro de 1989 ou por traballadores anteriores á dita data que decidan voluntariamente realizala. Neste último caso, e se posteriormente o traballador solicitara voltar ás quendas diurnas, terá dereito á súa reintegración inmediata a eles.

Durante o 15 de xuño ó 15 de setembro, os venres, nas seccións con quenda partida establecerase unha xornada continua de 7 horas da mañá a 15 horas da tarde.

Artigo 11º.-Vacacións (anexo I-calendario laboral).

As vacacións serán de 30 días naturais, sendo o desfrute delas da seguinte forma:

No ano 1999: 2 ó 29 de agosto, ámbolos inclusive; 24 e o 31 de decembro.

No ano 2000: 3, 4 e 5 de xaneiro.

O resto, pendente de negociación.

Se antes do desfrute das vacacións algún productor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situa

ción de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, poríase de acordo coa empresa para analiza-los días de desfrute delas.

Así mesmo, se unha traballadora en situación xestante dera a luz ou está desfrutando de permiso de maternidade e o parto cadrara no período vacacional terá dereito ó seu desfrute no ano natural ou ben poderá despraza-las vacacións para o ano seguinte.

Artigo 12º.-Licencias e permisos.

Todo productor, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración do salario base, complemento de asistencia e puntualidade, complemento de antigüidade e complemento de convenio, por algúns dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

12º.1. Matrimonio: 18 días naturais.

12º.2. Nacemento de fillo: 3 días laborables.

12º.3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 1º grao de afinidade ou consanguinidade: 3 días laborais excepto no caso de falecemento de pais, fillos e cónxuxe do traballador, polo que lle corresponderán: 5 días naturais ou 3 días laborais, que escollerá o traballador.

12º.4. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborables.

12º.5. O mesmo que 12º.3 e 12º.4 con necesidade de desprazamento: 4 días laborables.

12º.6. Falecemento de tío de consanguinidade: 1 días laborable.

12º.6.a. Falecemento de parentes de 3º grao: 1 día natural.

12º.7. Traslado de domicilio: 2 días naturais.

12º.8. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

12º.9. Para realizar funcións sindicais ou de representación de carácter persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

12º.10. Por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A traballadora, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción de xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que os dous traballen.

12º.11. Para estudios: segundo o artigo 22 da Lei 1980, o traballador terá dereito ó desfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo. A empresa concederá a reducción de xornada non retribuída a aqueles traballadores que, logo de acreditación de cursos de formación, estudios, etc., soliciten o dito permiso. A dita reducción non excederá de dúas horas diarias.

12º.12. Asistencia a consulta médica: cando por razóns de enfermidade o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ó comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Nel, deberá consta-la hora de consulta; sen tal requisito non se aboará cantidade ningunha.

Poderán exercer dereito ó permiso aqueles traballadores que necesiten asistir con fillos menores de 14 anos ou maiores discapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou discapacitados.

12º.13. Para asistencia a matrimonio de pais, fillos ou irmáns de consanguinidade: 1 día natural.

12º.14. Coidados a menores ou a diminuídos físicos ou psíquicos: o traballador que teña ó seu coidado directo un menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico, e sempre que este non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo dun tercio da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

12º.15. Os traballadores poderán desfrutar de 5 días de permiso, non retribuídos, por motivos persoais, para o cal deben solicitalo con 48 horas de antelación e debendo ser compatible coas necesidades da empresa.

Considérase desprazamento todo traslado a localidades distantes máis de 100 quilómetros do domicilio habitual do traballador.

Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados a aqueles traballadores que legalmente convivan con outra persoa e acrediten a súa situación por medio dun rexistro de parellas de feito, cun certificado expedido polo concello ou por medio dun libro de familia.

Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

-Consanguinidade ascendente: padres 1º grao, avós 2º grao.

-Consanguinidade descendente: fillos 1º grao, netos 2º grao.

-Consanguinidade colateral: irmáns 2º grao.

-Afinidade ascendente: pais políticos 1º grado, avós políticos 2º grao.

-Afinidade colateral: irmáns políticos 2º grao.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

13º.1. A organización do traballo, consonte o prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

13º.2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa debe ser informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

13º.3. Os traslados ou cambios de posto non mermarán as condicións salariais dos traballadores afectados, excepto os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción ou outros) que serán os estipulados para eses novos postos.

13º.4. Ante a implantación dun novo sistema de prima de producción, un novo método de traballo ou unha nova actividade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que este puidera emitir, co obxecto de considerar e negocia-las súas achegas a esta nova implantación.

13º.5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicarallas ó comité de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a formación que estime necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

13º.6. Áreas de descanso.

Os traballadores en período de descanso poderán utiliza-las instalacións de cantina ou servicios, evitando outras zonas por cuestións de seguridade e hixiene.

13º.7. Cuadrante de quendas e seccións.

Ó comezo de cada ano confeccionarase un cuadrante de quendas por traballador e sección definindo claramente as necesidades de traballadores por sección e liñas de producción, analizando e acordando co comité de empresa que postos de traballo poden ser cubertos por contratos indefinidos. Ó cadrante de quendas poderá ser modificado pola empresa para garantizar o bo funcionamento do proceso productivo en concordancia co apartado 2 do presente artigo.

Artigo 14º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en: fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en formación ou en prácticas. Así mesmo poderase realizar calquera tipo de contrato de traballo, sempre que a súa modalidade estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

Segundo o acordo coa empresa, a empresa non exercerá o seu dereito a utiliza-la modalidade de contrato de aprendizaxe.

En atención ó disposto no artigo 15.1º ET (texto refundido) as partes asinantes deste convenio, acordan establece-la facultade empresarial de contratar traballadores para a realización de obras ou servicios determinados, de traballos suficientemente diferenciados, e con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, limitados no tempo e cunha duración que poida preverse. A empresa dará conta ó comité do obxecto do contrato, especificando así mesmo o número de traballadores que hai que contratar. En consecuencia a empresa comprométese a non subscribir contratos de posta a disposición con empresas de traballo temporal.

Para efectos de cubri-las necesidades da empresa, atendendo ó previsto no parágrafo anterior, confeccionarase unha listaxe de traballadores, por rigorosa orde de ingreso, que serán chamados por orde de antigüidade, establecéndose quendas rotativas de chamada, de tal forma que será requirido o traballador que figure na listaxe no posto seguinte a aquel que foi contratado en último lugar.

Así mesmo farase unha definición do número de traballadores por sección para valora-la posibilidade de crear postos indefinidos.

Artigo 15º.-Técnicos e cadros.

15º.1. Xornada laboral: será a pactada no convenio colectivo.

15º.2. Definiranse as súas responsabilidades, funcións e obxectivos por departamentos.

15º.3. Formación: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posto ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Todo iso segundo o artigo 19 do presente convenio. Prestarase especial importancia a aspectos tales como a formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando, técnicas de traballo en equipo e participación na toma de decisións.

15º.4. Información: potenciarase o nivel e información facilitado a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súa función.

15º.5. Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decisións e propostas.

Artigo 16º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos efectuaranse de acordo co indicado polo Estatuto dos traballadores.

A empresa comunicaralle previamente ó comité as necesidades de vacantes que hai que cubrir e establecerase unha quenda de méritos de acordo cun sistema de cómputos dos mesmos de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: antigüidade na empresa, coñecemento do posto de traballo, ter desenvolvido funcións de superior categoría e nivel de aptitude demostrado nos cursos de formación e captación que se realizasen

para o efecto. Estas consideracións serán valoradas conxuntamente co comité de empresa.

Todo traballador que leve máis de 5 anos cunha categoría terá dereito a unha revisión dela, e valorarase o desenvolvemento do seu traballo para acada-la seguinte categoría. Esta medida non menoscaba o dereito de calquera traballador, solicitando a categoría que el considere acorde ó seu posto de traballo, a reclamar esta categoría fronte ós órganos competentes.

Os traballadores con categoría de peón e axudante de transformación, unha vez cumplido un ano ó servicio da empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior.

Artigo 17º.-Creación de emprego fixo.

Durante a vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a converter en fixos aqueles traballadores que, estando en situación de temporais, cumpran o prazo establecido segundo a lexislación vixente.

Ademais, xerarán un posto fixo aqueles postos que quedasen vacantes por falecemento ou xubilación do titular.

A adquisición do carácter de fixeza está en función da condición de que o traballador afectado teña a posibilidade de traballar na terceira quenda da empresa.

Cando alegando causas tecnolóxicas ou económicas, organizativas ou productivas a empresa teña a intención de recorrer á rescisión de contratos, calquera que sexa o seu número, abrirá un período de consultas cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 18º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente para ocupar aquel posto de traballo que poida desenvolver con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Oirase neste expediente o comité de empresa e o servicio médico da empresa.

Artigo 19º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto de traballo.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascensos.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

19º.1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para a formación de responsables de área ou quenda, ampliándoos sucesivamente. A empresa consultará

previamente o comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación. Así mesmo fomentarase a formación do persoal apropiado no tocante ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou o nivel de coñecementos requirido o permitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio doutra de nova contratación.

19º.2. A asistencia ós cursos de formación é de carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatorias como antecedente obrigado apra certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

19º.3. Estudiarase por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a de reciclaxe.

19º.4. Crearase unha comisión de formación, que estará composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa. Tódolos cursos de formación continua que sexan impartidos ou subvencionados polos organismos oficiais (Forcem, Comisión Territorial de Galicia, etc.) serán acordados pola dita comisión.

Cando os cursos se realicen fóra de xornada laboral, a empresa aboará a cantidade simbólica de 500 pesetas por cada hora, así como o importe da comida. A empresa aboara a quilometraxe de desprazamento ó centro de impartición dos cursos, ben sexa desde a empresa ou ben sexa desde o domicilio do traballador.

Artigo 20º.-Excedencias.

Seguirase o establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aqueles traballadores cunha antigüidade mínima de catro anos ó servicio da empresa terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente a duración dun curso lectivo, destinado á formación do solicitante.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará roupa apropiada de traballo ó persoal seguinte:

21º.1. Persoal de fábrica, talleres e almacéns: efectuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega: do 15 ó 31 de marzo, roupa e calzado de verán.

-2ª entrega: do 1 ó 15 de xullo, roupa de inverno e calzado de verán.

-3ª entrega: do 15 ó 31 de outubro, roupa e calzado de inverno.

Coincidindo con estas entregas, ós encargados entregaráselles batas e calzado.

21º.2. Ó persoal de mantemento facilitaráselle calzado de seguridade (botas no inverno e zapatos no verán).

21º.3. Ó persoal de laboratorios e departamentos técnicos facilitaránselle tres batas ó ano, coincidindo coas datas sinaladas anteriormente.

Ó persoal antedito, que por razóns de traballo o precisara, proporcionaríaselle roupa e calzado adecuados.

21º.4. Ó persoal de nova incorporación á empresa comprendido nos grupos dos puntos 21º.1, 21º.2, 21º.3, facilitaráselle unha entrega dobre de roupa segundo a época do ano correspondente, ademais dun par de tenis. A seguinte entrega sería normal.

21º.5. Por razóns do tipo de traballo habitual (traballos en exteriores ou zonas non acondicionadas) poderase facilitar, ademais, unha peza tipo anorak.

21º.6. A petición individual poderase cambiar a roupa de verán por unha funda.

21º.7. Para determinadas seccións, poderase facilitar, en lugar de funda, un conxunto chaqueta curta-pantalón ou polo-pantalón.

21º.8. Se algún traballador tivese a súa roupa de traballo en malas condicións, como consecuencia da actividade que desenvolve, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

21º.9. Todo productor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de 8 meses, recibirá unha soa entrega. Se a baixa fora por 12 meses non terá dereito a entrega ningunha.

As pezas de roupa do persoal masculino serán polos, e as fundas serán 100% algodón.

A roupa do persoal feminino será a adecuada, segundo o criterio de ámbalas dúas partes.

Ó persoal que realice traballos sucios proporciónaselle roupa de protección adecuadas.

21º.10. Tipo de calzado.

-Persoal masculino: tenis nas entregas de verán e deportivos con cámara de aire na de inverno.

-Persoal feminino: zocos ortopédicos nas entregas de verán e zapatillas adecuadas na de inverno.

21º.11. Tódalas pezas entregadas nos distintos prazos de entrega de roupa terán que ser homologadas e revisadas polo comité de saúde laboral.

Artigo 22º.-Saúde laboral (anexo III).

Crearase unha comisión paritaria de saúde laboral, formada por dous membros represententes da empresa (xerente e xefe de mantemento) e dous representantes dos traballadores que formen parte do comité de saúde laboral, que serán elixidos polo comité de empresa.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo seguirán en vigor as normas de seguridade e hixiene aprobadas pola dirección da empresa e a maioría do comité de empresa en decembro de 1989 e que figuran como anexo III a este convenio colectivo.

Acórdanse ademais as seguintes cláusulas:

22º.1. O comité de saúde laboral fará chegar á dirección da empresa, no mes de setembro de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para o seu estudio e posible inclusión no plan de investimento do ano seguinte.

22º.2. Concédese a cada un dos membros do comité de saúde laboral un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto ó secretario do dito comité as instalacións e os productos. O comité de saúde laboral avisará con 48 horas de antelación o responsable da sección afectada de quen serán as persoas que tomarán o dito día.

Os integrantes do comité de saúde laboral que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito o cal será enviado á xerencia e ó comité de empresa.

22º.3. Debido ás características dos productos utilizados na fabricación pola empresa, aplicarase ás traballadoras en estado de xestación un especial tratamento, procurando que non estea en contacto con productos que poidan ser considerados nocivos para a súa saúde ou para o feto.

En caso de discrepancia a comisión paritaria de saúde laboral emitirá un informe ó respecto.

Así mesmo esta traballadora elixirá quenda de traballo a partir do 5º mes de embarazo.

Título III

Aspectos sociais

Artigo 23º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a prol dos traballadores da empresa, para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

Morte: 2.458.304.

Invalidez permanente absoluta: 2.458.304.

Morte por accidente: 4.916.608.

Morte por accidente de tráfico: 7.374.912.

Artigo 24º.-Fondo social (anexo IV).

Dotarase o fondo social con 2.100.000 o cal será administrado por unha comisión formada por 3 membros do comité de empresa e 3 representantes da empresa. No ano 2000 dotarase coa mesma contía.

O fin do fondo social é a de atende-las axudas de carácter social ou de formación que sexan solicitadas polo persoal ó que afecta o presente convenio.

O fondo social rexerase polas normas de funcionamento aprobadas polo comité de xestión do fondo social e o persoal (anexo V).

Artigo 25º.-Seguro complementario de incapacidade profesional total e permanente.

A empresa subscribirá un seguro complementario de incapacidade total e permanente, a favor de tódolos traballadores cun capital asegurado de 2.458.304 pesetas.

Este seguro será custeado polas bonificacións obtidas do seguro de vida, e a diferencia ata o custo total, será cuberto pola empresa.

Artigo 26º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas orixinados por necesidades dela na contía fixa de 1.606 pesetas por comida, nos casos en que a xornada laboral se alongue nunha hora ou máis. O persoal que cubra o seu posto de traballo a quenda partida cobrará a contía diaria de 1.000 pesetas por comida, debendo presenta-la súa xustificación cunha factura expedida a nome de Copo Ibérica, S.A.

Artigo 27º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente (artigo 29 ET: anticipos sobre o xa traballado). Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudio particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite poderá pedir un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e a paga de beneficios, sendo en última instancia a comisión de xestión do fondo social a que dictamine sobre a súa concesión.

Artigo 28º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela terá dereito ó reembolso de tódolos gastos de transporte, aloxamento e comidas nas que incorra con ocasión do dito desprazamento, logo de presentación das facturas correspondentes.

A empresa anticipará diñeiro en efectivo ou facilitará tarxeta de crédito, para cubri-los gastos previstos en cada desprazamento, coa obriga de posterior xustificación e liquidación dos gastos efectivamente habidos.

28º.1. Para desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de curta duración, entendendo por tales os que teñan unha duración inferior a 30 días, establécense as seguintes condicións:

a) De 1 a 6 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, exceptuando os traballadores con categorías iguais ou superiores a responsables de sección, así como aqueles traballadores que para o normal desenvolvemento da súa actividade na empresa requiran desprazarse habitualmente.

b) De 7 a 14 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo en que dure o desprazamento.

c) De 15 a 21 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo en que dure o desprazamento.

d) De 22 a 30 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, máis un día libre retribuído.

Para estes efectos entenderase por retribución diaria a remuneración total percibida polo traballador incluíndo, se é o caso, as horas extras realizadas durante o desprazamento.

O desprazamento considérase ininterrompido cando a empresa non se faga cargo dos gastos de viaxe ó seu domicilio habitual nos que poida incorre-lo traballador durante o período do desprazamento. Polo contrario, considerarase interrompido cando estes gastos sexan por conta da empresa.

O cómputo dos días de duración efectiva do desprazamento calcularanse do seguinte modo:

a) Tomaranse as horas desde o inicio ata o fin do desprazamento.

b) A cantidade resultante de horas dividirase entre 24.

c) O resultado redondearase por exceso sempre que sexa maior ou igual a 0,5.

28º.2. Para os desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de longa duración, é dicir, por tempo superior a 30 días ininterrompidos, e cun máximo de 90 días, aboarase un incremento do 50% sobre a retribución diaria e concederanse dous días libres retribuídos por cada mes que dure o desprazamento.

Estes días de vacacións desfrutaranse ó regreso no domicilio de orixe do traballador.

28º.3. Seguros de vida, enfermidade e asistencia en viaxe.

A empresa concertará para tódolos seus traballadores desprazados por máis de 8 días a un país da Unión Europea e a partir do primeiro día no caso de desprazamento fóra da Unión Europea, e para todo o tempo en que dure o desprazamento, un seguro de vida 24 horas por un importe de 15.000.000 de pesetas, e un seguro de enfermidade e asistencia en viaxe.

28º.4. O traballo que presten os traballadores contratados pola empresa cando desenvolvan o seu servicio no estranxeiro someterase estrictamente á lexislación española e ó presente convenio. En consecuencia, os ditos traballadores terán como mínimo os dereitos económicos que lles corresponderían no caso de traballar en territorio español. O traballador e o empresario someterán os seus litixios á xurisdicción laboral española.

Artigo 29º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 42 pesetas/quilómetro brutas. Inclúe tamén os

desprazamentos á mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente.

Artigo 30º.-Axuda por fillo diminuído e axudas para libros escolares.

A petición do comité de empresa e para as persoas que se solicitara, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 33.956 pesetas mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico, recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador.

Durante o presente convenio a empresa subvencionará cun 50% os gastos de libros escolares a tódolos traballadores con familia numerosa, acreditada legalmente por medio dun libro de familia ou certificación oficial. Este aboamento producirase no mes de outubro, e o traballador terá que presenta-las facturas, ademais do recibo de libros pedido polo centro escolar ó que asisten os fillos do beneficiario.

Título IV

Aspectos sindicais

Artigo 31º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire, estará suxeito ó que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito a reunión. A comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de antelación.

A empresa, a petición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 32º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa (33 horas por membro), poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se indique a dirección da empresa a distribución das mesmas. Así mesmo, as seccións sindicais constituídas legalmente terán tódolos dereitos e garantías reflectidas na LOLS (Lei orgánica de liberdade sindical). As seccións sindicais legalmente constituídas, terán a mesma consideración en termos de crédito horario que o comité de empresa en canto a acumulación de horas (33 horas por membro).

Artigo 33º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afectado por este convenio, sempre e cando sexan solicitados por el.

33º.1. O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade, de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

33º.2. No referente a dereitos sindicais haberá que aterse á disposición do Estatuto do traballador e LOLS así como á lexislación concordante.

Artigo 34º.-Taboleiros de anuncios.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo.

Título V

Conceptos económicos

Artigo 35º.-Retribucións e masa salarial bruta.

35º.1. Os salarios do persoal para o ano 1999 serán os sinalados na táboa salarial anexa.

No presente ano consolidade unha paga de 58.000 pesetas que se aboará no mes de xuño, para todo o persoal afectado por este convenio. Esta paga converterase en 60.000 no abono para o ano 2000.

35º.2. Masa salarial bruta (MSB).

Para a negociación do presente convenio, tivéronse en conta as seguintes masas salariais das categorías comprendidas na táboa salarial anexa ó convenio 1998.

-Salario base individual, por grupos de categorías e totais ano.

-Complementos de asistencia e puntualidade individuais, por grupos de categorías e totais ano.

-Complementos de antigüidade individuais e complemento de convenio 1994 por grupos de categorías e totais ano.

-(Todas elas incluíndo as pagas extraordinarias).

-Total aboado por prima de producción en 1998.

-Complementos de posto de traballo.

35º.3. En xeral, a MSB definiuse da seguinte forma:

35º.3.1. Retribucións salariais brutas.

35º.3.1.1. Salarios bases.

35º.3.1.2. Beneficios e complementos.

35º.3.1.3. Incentivos e primas de producción.

35º.3.1.4. Pagas extraordinarias.

35º.3.1.5. Complementos de postos de traballo.

35º.3.2. Outros conceptos económicos.

35º.3.2.1. Comisións e dietas.

35º.3.2.2. Premios e prestacións especiais.

35º.3.2.3. Bolsas.

35º.3.2.4. Subvencións a comedores.

35º.3.2.5. Vivendas.

35º.3.2.6. Outras beneficios sociais non retribuídos.

35º.3.3. Retribucións por horas extraordinarias.

35º.3.4. Retribucións por antigüidade e complemento convenio 1994.

Estes conceptos estarán referidos a tódolos traballadores da empresa, excepto ós que formen parte

do STAFF da presidencia da compañía e ás direccións da empresa.

Para depurar a MSB definida, excluiranse:

-As cantidades do epígrafe 35º.3.2.

-As cantidades de carácter asistencial e social (formación profesional, cultural, recreativa, comedores, axuda familiar, transporte, etc.). Estas cantidades non se excluirán no caso e seren percibidas a tanto alzado polos traballadores.

-As cantidades correspondentes ó persoal de STAFF de presidencia e direccións da empresa.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.4.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.3, estudiaranse, se é o caso, pola dirección da empresa e o comité de empresa.

35º.4. As agrupacións de categorías que se consideraron nesta negociación, foron as seguintes:

-Oficiais 1ª mantemento.

-Oficiais 1ª fabricación con profesionais 1ª fabricación.

-Oficiais 2ª mantemento.

-Oficiais 3ª mantemento.

-Oficiais 2ª fabricación con profesionais 2ª fabricación.

-Axudantes especialistas con especialistas.

-Peóns.

-Oficiais 1ª transformación.

-Oficiais 2ª transformación con profesionais 2ª transformación.

-Oficiais 3ª transformación e pegadores/as.

-Contramestres, encargados, mestres industriais e capataces.

-Vixilantes con gardas ordinarios.

Artigo 36º.-Complemento de antigüidade e complemento de convenio 1994.

36º.1. Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un, calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por real decreto do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, incluídas ó número de pagas extras reflectidas neste convenio que ascenden a 15 por ano.

36º.2. Complemento de convenio 1994.

Todo o persoal fixo o 31 de decembro de 1993 pasará a ter un complemento de convenio 1994 equivalente a diferencia entre o 30% do seu salario base da táboa salarial vixente en 1993 e o complemento de antigüidade mencionado no punto 1 deste artigo.

Este complemento de convenio terá carácter de absorbible en anos vindeiros na mesma contía en que se incremente o complemento de antigüidade.

36º.3. Agora ben, todo traballador que o 31 de decembro de 1993, xa tivese unha antigüidade do 30% a porcentaxe maior por aplicación do complemento de antigüidade vixente en 1993, consolidará para 1994 a porcentaxe aplicable en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ó 31 de decembro de 1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu complemento de convenio será o resultado de aplica-la porcentaxe sobre a táboa salarial vixente en 1993 minorado polo complemento de antigüidade calculado de conformidade co artigo 36º.1.

Este complemento de convenio terá carácter de absorbible na mesma contía na que se incremente o complemento de antigüidade.

Artigo 37º.-Complemento de asistencia e complemento de puntualidade.

O importe destes dous complementos percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous complementos cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan a hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado, implicarán a perda da parte proporcional do complemento de asistencia, (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do cento por cento do complemento de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día, non se aboará importe de ámbolos complementos do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio (salvo nas que se indique o contrario), así como as saídas ó consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 38º.-Complemento de toxicidade.

Este complemento está integrado no salario base que figura na táboa salarial anexa, e constitúe un 10% del.

Artigo 39º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será do 30% sobre todos os conceptos salariais, pagándose o dito complemento na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. Cando por necesidades da empresa, o persoal teña que prolonga-la súa xornada despois das 6 horas, para efectos de cobramento será considerado como horas nocturnas.

Artigo 40º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o 100% da súa retribución, incluíndo a prima de producción, se estivese suxeito a ela. Para o cálculo desta, tomarase como base o importe/hora que se obteña no mes correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o cálculo dela.

Artigo 41º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do 100% da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización, sen que este período supere os 80 días. No resto de baixas por enfermidade cobrarase a razón do seguinte:

-Os 3 primeiros días da baixa cobrarase segundo a lexislación vixente.

-Do 4º ó 20º día cobrarase o 70% da base tarifada do mes anterior.

-Do 21º en diante cobrarase o 90% da base tarifada do mes anterior.

Estudiaranse aquelas baixas de enfermidade que, logo de informe médico, e de acordo coas súas características, puidesen ser merecedoras do cobramento do 100% da súa retribución.

Artigo 42º.-Gratificacións extraordinarias.

42º.1. As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, complemento de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como o complemento de antigüidade e complemento de convenio 1994 correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal, faranse efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados para o seu cobramento coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábil seguinte.

42º.2. Todo productor que ó longo do ano de vixencia do presente convenio non teña un absentismo superior a 6 días laborais percibirá unha gratificación de seis días de salario base, complemento de asistencia, de puntualidade, de antigüidade e de convenio 1994, máis 11.447 ptas. Para o cómputo do absentismo antedito, non se terán en conta os permisos e licencias recollidas no artigo 12º deste convenio, así como as baixas por accidente ou hospitalización, computándose polo tanto toda falta total ou parcial ó traballo aínda que sexa xustificada, tales como atrasos, baixas por enfermidade sen hospitalización, etc.

42º.3. No mes de agosto acórdase establecer un complemento equivalente ó 100% da prima de producción media dos meses de abril, maio e xuño inclusive, o cal será efectivo co anticipo da mensualidade de agosto, que se pagará o día 31 de xullo. O reparto da dita cantidade efectuarase de forma lineal entre tódolos traballadores que perciban actualmente prima de producción. Computaranse, ademais das horas reais de presencia, as horas de ausencia dos permisos e licencias recollidos no artigo 12º do presente convenio e as baixas de accidente.

O persoal non suxeito á percepción da prima de producción, con categoría igual ou inferior a xefe de sección cobrará a prima media resultante do cobrado polo resto do persoal afectado nas dúas plantas.

42º.4. Acórdanse establecer dúas gratificacións extraordinarias por non absentismo nos meses de xullo e decembro, consistentes cada unha no 55% da prima de producción media de cada traballador, calculándose a de xullo coa media de abril, maio e xuño, e a de decembro coa media dos meses de setembro, outubro e novembro.

Para o cómputo do dito absentismo non se terán en conta as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio ademais das baixas por accidente ou hospitalización, computándose por tanto toda falta total ou parcial, aínda xustificada, tales como: atrasos, baixas por enfermidade, etc.

Estas gratificacións extraordinarias aplicaranse a aqueles traballadores con categoría inferior a xefe de departamento.

Artigo 43º.-Prima de producción.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, os valores da prima de producción serán os seguintes:

Moldeado:

As fórmulas de cálculo son:

Numerador=((pezasxptas./peza+p. min.).

Denominador=(persoal normalxcoeficiente)x8

horasxdías traballados mes).

Ptas./hora=numerador: denominador.

Prima=coeficientexptas./horaxpersoal real (horas)

persoal normal (por quenda).

Quente IQuente IINoiteMesturas

1/2 encargado1/2 encargado
1 encargado1 encargado1 encargado1 encargado
9 operarios11 operarios3 operarios2 operarios

Frío I (HR I)Frío II (HR II)

4 operarios3 operarios

MoldeadoProd. e horas de Ref.

Quente, frío, acolchados, In-situ, espuma cortadaPezas e horas de quente e frío

SemirríxidoMesma que quente

TransformaciónPezas e horas de quente e frío

Calidade e embalaxePezas e horas de quente e frío

ConservaciónPezas e horas de quente e frío

AlmacénPezas e horas de quente e frío

MoldeadoProd. e horas de Ref.

E. controlMedia ptas./hora de quente e frío

E. almacénMedia ptas./hora de quente e frío

E. transformaciónMedia ptas./hora de quente e frío

E. preproducciónMedia ptas./hora de quente e frío

Prezo

peza

Prima

mínima

Quente e frío4,9920.805

Transformación4,6438.767

Calidad e embalaxe4,6438.767

Almacén4,6438.767

Conservación4,6438.767

A prima de producción incrementarase en:

-500 ptas. lineais por traballador e mes.

Artigo 44º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias consonte os seguintes criterios:

44º.1. Horas extraordinarias habituais:

Suspensión.

44º.2. Horas extraordinarias motivadas por forzada maior.

Enténdense como tales as que vañan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas.

Realización.

44º.3. Horas extraordinarias extructurais.

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais e outras circunstancias de carácter estructural como, avarías ou mantemento urxente, todo iso, sempre que non poidan se substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial prevista na lei.

A empresa co fin de miniza-la incidencia do absentismo na realización de horas extras, designará o persoal necesario para cubri-la porcentaxe de absentísmo medio que tivemos no ano 1998.

A dirección da empresa entregará ó comite de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, causas e número delas. Así mesmo, e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo acórdase que a comunicación a cada traballador das horas extraordinarias realizadas por el mesmo, sexa mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estructurais non terán a recarga nas cotizacións á Seguridade Social a que se refire o Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo e reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto, e do 1/1985, do 5 de xaneiro. Para iso notificaranse mensualmente a autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

O valor da hora extraordinaria será o indicado, en cada categoría no anexo I, táboa salarial.

Cláusula adicional:

Para o ano 2000 e en tódolos aspectos económicos non indicados expresamente acórdase un incremento igual ó IPC (real) máis 0,5.

Titulo VI

Conceptos legais

Artigo 45º.-Lexislación aplicable.

No que non estea expresamente disposto neste convenio colectivo, estarase ó que determine o Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes.

Artigo 46º.-Comisión negociadora.

Está constituída por José Poch Riva, Juan Ibáñez Mateo e Eleuterio Gutiérrez González, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A. e o comité de empresa, representante legal dos traballadores.

ANEXO I

Táboa salarial ano 1999

Aumento: 2,50%

Hora extra

Grupo profesional

Salario

base

Complemento

asistencia

Complemento

puntualidade

Total

Hábil

Inhábil

Prima

producción

-Persoal técnico e de fabricación
Contramestre205.87525.52325.182256.5802.7133.526Si, 1,2
Mestre industrial198.98925.09624.755248.8402.7133.526Si, 1,2
Encargado193.34424.51124.171242.0262.7133.526Si, 1,2
Capataz162.97123.04822.738208.7572.5933.371Si, 1,2

-Persoal oficina técnica
Delineante de 1ª192.66124.14720.961237.7692.7133.526Non
Delineante de 2ª162.01417.37614.775194.1652.5933.371Non
Delineante de 3ª123.58912.72512.153148.4682.1092.743Non

-Persoal administrativo e vendas
Oficial de 1ª administrativo169.11718.13515.417202.6692.7133.526Non
Oficial de 2ª administrativo146.65923.15320.598190.4102.2122.874Non
Auxiliar de administrativo122.62412.49010.526145.6402.1092.743Non
Graduado social122.62412.49010.526145.6402.1092.743Non

-Xefes de departamento e servicios xerais
Xefe de sección225.87934.47430.602290.955NonNon
CroNonmetrador165.52018.38115.684199.585NonNon
Auxiliar de métodos e tempos123.38712.59010.628146.6062.1092.743Non
Programador177.19933.30230.068240.5702.7133.526Non
Auxiliar de programador123.38712.59010.628146.6052.1092.743Non
Garda de barreira114.39411.86611.135137.3952.1092.743Non
Conductor de 1ª141.21519.37516.984177.575NonNon
Conductor de 2ª124.51412.76212.331149.607NonNon
Secretaria146.43013.98811.678172.096NonNon
Limpadora111.55311.20610.695133.4542.1092.743
Auxiliar limpadora 96.83410.21710.663117.7142.1092.743
Licenciado e enxeñeiro técnico134.05520.70918.614173.378NonNon

-Persoal técnico de laboratorio
Analista169.11718.13515.416202.6682.5933.371Non
Especialista de laboratorio162.06317.39814.785194.2462.5933.371Non
Auxiliar de laboratorio123.42612.61010.637146.6732.1092.743Non

-Persoal de fabricación
Oficial de 1ª129.18319.13119.777168.0912.3503.055Si, 1,1
ProfeSional de 1ª127.02816.15616.802159.9862.2122.874Si, 1,1
Oficial de 2ª124.53212.78013.533150.8452.1092.743Si, 1,1
ProfeSional de 2ª124.53212.78013.533150.8452.1092.743Si, 1,1
Especialista122.71612.60913.088148.4132.1092.743Si, 1,0
Axudante especialista115.13012.03512.189139.3542.1092.743Si, 1,0
Peón 96.83610.21810.665117.7192.1092.743Si, 0,8

-Persoal de transformación
Oficial de 1ª119.27113.13313.339145.7432.1492.793Si, 1,1
Oficial de 2ª112.51611.33211.680135.5282.1092.743Si, 1,1
Oficial de 3ª112.51611.33211.680135.5282.1092.743Si, 1,0
Axudante de transformación 96.83610.21810.665117.7192.1092.743Si, 0,8

-Personal de mantemento/conservación
Oficial de 1ª167.86524.18423.998216.0472.5083.263Si, 1,2
Oficial de 2ª139.28720.02120.364179.6722.2122.874Si, 1,1
Oficial de 3ª124.44512.77713.530150.7622.1092.743Si, 1,0

ANEXO III

saúde laboral

Normas de seguridade e hixiene.

El comité de empresa de Copo Ibérica, S.A. e a súa dirección subscriben na súa totalidade as presentes normas. As ditas normas están redactadas en función dos acordos tomados segundo os productos utilizados nos procesos de fabricación, algúns dos cales poden ser considerados como nocivos para a saúde.

Ó mesmo tempo, estas normas serven como base para unha maior concienciación, tanto por parte da empresa como dos traballadores, compromenténdose ámbalas dúas partes no total cumprimento delas.

I. Organización do comité de saúde laboral.

Artigo 1º.-Composición do comité de saúde laboral (CSL).

O comité de saúde laboral estará composto por 3 membros propostos polo comité de empresa, que formarán a representación da parte social, 2 membros designados pola dirección da empresa, que formarán a representación empresarial e 2 membros asesores técnicos, que serán os reponsables de mantemento e o responsable do servicio médico da empresa.

Os 3 membros propostos polo comité de empresa de acordo a Lei 31/1995, de 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais serán designados delegados de prevención e tal como marca esa mesma lei terán a obriga de acudir a un curso de delegado de prevención. A empresa facilitará os medios necesarios para que o delegado de prevención poida acudir a ese curso.

Artigo 2º.-Horas de reunión do CSL.

As reunións do comité de saúde laboral realizarase dentro da xornada laboral, debendo realizarse unha reunión ó mes.

Artigo 3º.-Dereitos e deberes do CSL.

O CSL terá tódalas atribucións que a normativa legal prevé. Ademaís poderán exercer un labor de vixilancia naqueles postos de traballo que entrañen risco para os traballadores.

Terán a obriga de informar periodicamente ós traballadores das súas actividades, tomando como carácter prioritario, para mellora-las condicións de traballo, evita-la xeración, emisión e a transmisión dos riscos. En caso de non ser viable, a utilización de medios de protección que se poida anula-la causa dos ditos riscos. A utilización dos medios de protección persoal será excepcional, sempre que iso sexa posible.

No caso de risco grave para a saúde, tomaranse urxentemente e conxuntamente coa dirección da empresa, as decisións sobre as medidas que hai que adoptar, acordando o plan de actuación e data de execución, que quedarán reflectidas nunha acta.

Artigo 4º.-Principios xerais.

O CSL rexerase polos niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no ambiente laboral, tomando como referencia os TLV utilizados na normatica que nesta materia ten aprobados o Estado español, na súa adhesión á OIT.

Artigo 5º.-Participación do CSL no Plan de Investimentos.

O CSL terá coñecemento dos investimentos que a empresa vaia efectuar nas instalacións para mellora-los postos de traballo, podendo efectua-la súa valoración e propor outras melloras ou modificacións para a súa posible inclusión no Plan de Investimentos da empresa, tendo que pasa-lo CSL no mes de setembro de cada ano as ditas propostas.

II. Concrección da saúde laboral na empresa.

Artigo 6º.-Información sobre productos utilizados e viabilidade de instalacións de saneamento.

A empresa informará o CSL sobre os productos utilizados nas súas fabricacións e dos riscos que poida ocasiona-la súa manipulación.

A dirección da empresa negociará co CSL sobre a viabilidade de instalar equipos de saneamento e prevención que serán propostos polos representantes do CSL.

Artigo 7º.-Entrega de información.

A empresa facilitará ó CSL copia dos informes ou estudios que se realicen sobre o ambiente do centro de traballo.

Os resultados das revisións médicas que envía a mutua, serán recibidos polo médico da empresa, que exporá unha lista cos nomes de quen se recibise algún informe médico, e así poder quen o desexe, acudir ó servicio médico da empresa en busca de información sobre o seu estado físico de acordo cos ditos resultados clínicos, Estes resultados clínicos serán confidenciais, podendo ademais o interesado solicita-los ditos resultados para lle entregar ó médico de cabeceira se o considera necesario.

De existir algunha persoa con resultados clínicos ou problemas especiais fóra do normal, será citada persoalmente para informala da súa situación.

Artigo 8º.-Medidas especiais de vixilancia.

O CSL poderá esixir medidas especiais de vixilancia naqueles postos de traballo onde se demostre que existen riscos para a saúde.

Artigo 9º.-Actualización da lexislación laboral en saúde laboral.

Ata que non se actualice a lexislación na materia, consideranse como valores máximos admisibles de substancias químicas ou axentes físicos no ambiente laboral, ou limiar de valores límites na súa versión máis actualizada.

Artigo 10º.-Rexistros periódicos e medicións ambientais.

Naqueles postos de traballo onde existan riscos ambientais levarase un rexistro anual dos datos relativos a el.

Artigo 11º.-Accidentes laborais.

En todo accidente laboral, a empresa redactará un informe que lle será presentado ó comité de empresa.

Artigo 12º.-Roupa de protección.

A empresa negociará cos representantes do CSL sobre a roupa de protección que o CSL, asesorados polo médico da empresa, considere necesario implantar.

Artigo 13º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual nun centro especializado designado para tal efecto.

Aqueles traballadores, que polo desenvolvemento do seu traballo estiveran expostos a un maior risco, poderán ter dereito a máis revisións médicas de carácter específico.

A amplitude das diferentes revisións médicas serán acordadas dentro do CSL, co asesoramento do médico da empresa.

Artigo 14º.-Cambios de posto de traballo.

Sempre que sexa posible, e de acordo co CSL, poderanse trasladar do posto de traballo a aqueles persoas con problemas de sáude que poidan ser agravados no seu posto habitual de traballo, coa variación das súas percepcións económicas que orixine o novo posto.

De non ser posible o dito cambio, a empresa informará o CSL dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 15º.-Protección a maternidade.

As traballadoras embarazadas, cando existan condicións ambientais nocivas para súa saúde ou a do feto, poderán solicitar cambio de posto de traballo.

De non ser posible o dito cambio, a empresa informará o CSL dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas dúas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 16º.-Prevención de riscos.

Todo accidente de traballo, enfermidade profesional ou outro tipo de dano para a sáude do traballador, derivado do traballo, fará que se tomen as medidas necesarias para evita-la repetición do dito dano.

III.-Control e prevención na empresa.

Artigo 17º.-Mediciósn por encima dos TLV.

En todo posto de traballo no que as mostraxes de medicións dean niveis superiores ós TLV, tomaranse as médidas necesarias para emendar no menor

prazo posible as causas dos ditos niveis elevados. Mentres tanto adoptáronse medidas de protección persoal encamiñadas a elimina-lo risco para a sáude das persoas. Será obrigatorio facer rotacións frecuentes entre o persoal, de acordo ó que en reunión extraordinaria o CSL faga para cada caso. Este posto de traballo terá a consideración de penoso.

En caso de risco grave para a sáude, tomaranse urxente e conxuntamente coa dirección da empresa as decisiósn sobre as medidas que se vaian adoptar, acordando o plan de actuacións e data de execucións. Estas medidas quedarán reflectidas nunha acta extraordinaria.

Artigo 18º.-Tecnoloxía e organización do traballo.

Do que o CSL estará informado dos productos perigosos utilizados na fabricación, poderá solicita-la empresa a súa substitución por outros similares máis inocuos, se é posible tecnicamente. As novas tecnoloxías terán en conta a posibilidade de utilizar u producto menos perigoso nas mesmas garantías de fabricación.

Artigo 19º.-Mapa de riscos na empresa.

Dentro de CSL confecionarase un mapa de riscos do centro de traballo, dividido por áreas e seccións.

O mapa final, tomarase como base para a realización dun plan de prevención, tomándose como referencia as áreas e seccións establecidas nese mapa de riscos.

O plan de prevención terá que se ater ó disposto na Lei de prevención de riscos laborais 31/1995.

Artigo 20º.-Incendios.

No caso de incendios que xeren fumes, en cantidades estimadas perigosas para a sáude, permitirase a saída do recinto daquelas persoas que segundo as normas de organización contra incendios, non estean asinadas en ningunha brigada antiincendio, nin teñan un cometido asinado a estes casos.

No caso de incendio nas cadeas de fabricación, quedará o persoal imprescindible para poder desmoldear e evacua-las espumas en ámbalas liñas de producción. Para este fin instalaranse medios específicos de protección na súa proximidade dentro dun armario selado e destinado unicamente para tal efecto. Este armario conterá entre outros medios antiincendio e de protección persoal, máscaras panorámicas buconasais.

Para ete artigo en concreto, a empresa fará unha proposta de normas contraincendios coa designación das persoas que integrarán as brigadas contraincendios. A empresa desenvolverá tamén a través do CSL as pautas de actuación en cada caso.

Tales normas formarán un anexo a estas normas de seguridade e hixiene.

Artigo 21º.-Prohibición de fumar ou acender lume.

Existe na empresa a prohibición de fumar ou acender lume en tódolos lugares non autorizados, baixo

a sanción oportuna, segundo a gravidade do caso ó infractor deste artigo. A empresa poderá conceder permisos expresos para a realización de trabllos tales como soldaduras, etc.

Artigo 22º.-Normas de seguridade e hixiene a persoal de empresas auxiliares.

Tódolas empresas contratadas para realizar traballos no recinto de Copo Ibérica, S.A., deberán subscribir tódolas normas de seguridade e hixiene, así como as referentes a seguridade contraincendios existentes na empresa. A empresa facilitaralle copia de ámbalas normas mediante documento. Así mesmo, para traballos específicos, poderanse estipular outras medidas que se comunicarán ás ditas empresas.

Disposición adicional

Desde a entrada en vigor da Lei de prevención de riscos laborais 31/1995 a empresa Copo Ibérica, S.A. e o comité de saúde laboral (anteriormente comité de seguridade e hixiene) subscriben esa lei na súa totalidade e as normas aquí recollidas veñen a supor un afianzamento no cumprimento da dita lei, xa que superan, para melloralas, certas especificacións.

Nas reunións mantidas no seo do comité de saúde laboral estarase sempre ó tanto das últimas leis en materia de saúde laboral e sempre se aplicará a condición máis beneficiosa para a seguridade do traballador.

ANEXO IV

Fondo social

Capítulo 1º

Normas básicas de funcionamento

Artigo 1º

Por acordo entre o comité de empresa e a empresa Copo Ibérica, S.A. constitúese o Fondo Social, co fin de atendelas axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal afectado polo presente convenio.

Artigo 2º

O obxecto do Fondo Social é o de atender a tódolas obras sociais, profesionais, benéficas e de infortunio a favor de tódolos traballadores da empresa Copo Ibérica, S.A.

Artigo 3º

Os fondos económicos do Fondo Social estarán integrados segundo a cantidade establecida no convenio colectivo no seu artigo 24º. A empresa porá á disposición do Fondo Social os fondos correspondentes segundo o acordado en convenio e na sinatura del.

Artigo 4º

O Fondo Social será administrado por unha comisión formada por 3 membros do comité de empresa e 3 representantes designados pola empresa.

Artigo 5º

O domicilio social desta comisión será o de Copo Ibérica, S.A.

Artigo 6º

A duración da dita comisión será de 4 anos.

Artigo 7º

Estas normas entrarán en vigor unha vez aprobados pola Comisión do Fondo Social e o comité de empresa.

Artigo 8º

Estas normas poderán ser modificadas ou substituídas por acordo da Comisión do Fondo Social e de Formación co visto e prace da dirección da empresa e do comité de empresa.

Capítulo 2º

Obrigas e dereitos do persoal

Artigo 9º.-Obrigas dos traballadores.

a) Cumpri-las normas e observa-las formalidades nelas previstas.

b) Cumpri-los acordos e as resolucións da Comisión do Fondo Social.

c) Prestar a súa colaboración persoal para o mellor cumprimento do fondo.

d) Non defraudar ou abusar do Fondo Social e de Formación.

e) Non destina-los fondos outorgados a outro fin distinto do solicitado.

Artigo 10º.-Dereitos dos traballadores.

a) Percibir do Fondo Social os beneficiarios e auxilios que lle correspondan de conformidade co establecido nas presentes normas.

b) Intervenir na administración e modificación das normas do Fondo Social a través dos seus representantes.

Artigo 11º

A comisión de Fondo Social poderá imporlles ós traballadores, nos casos de incumprimento das súas obrigas as sancións seguintes:

a) Privación de recibi-los beneficios do Fondo Social.

b) As sancións que considere oportuno aplica-la comisión deberán comunicárselle por escrito, con expresión dos motivos que a ocasionen. Dentro do 10 días seguintes a esta comunicación, o interesado, pode elevar un prego de descargos á dita comisión que unha vez examinado resolverá definitivamente segundo proceda.

Capítulo 3º

Organización e funcionamento

Artigo 12º

Son órganos de goberno do Fondo Social:

a) Comité de empresa.

b) Comisión do Fondo Social.

Artigo 13º

O comité reunirase regulamentariamente unha vez ó ano para decidir sobre as seguintes cuestións:

1) Aprobar o balance e memoria anuais.

2) Aprobar os orzamentos anuais.

3) En xeral, calquera modificación dos estatutos.

a) A convocatoria levarase a cabo pola Comisión do Fondo Social, o texto da convocatoria e a orde do día será entregado ó secretario do comité da empresa e publicado nos taboleiros de anuncios da empresa.

b) O comité entregaralle á dirección da empresa unha copia da convocatoria de dita reunión.

c) Terán dereito de asistencia tódolos membros do comité de empresa e da comisión con voz e voto.

Artigo 14º

De entre os membros do Fondo Social elixirase un presidente e un secretario.

Artigo 15º

A Comisión do Fondo Social reunirase unha vez ó mes como mínimo.

Artigo 16º

Existirá un fondo de reserva de polo menos un 15% do total.

Artigo 17º

Os acordos que tome a Comisión do Fondo Social, para a súa validez deberán ser aprobados por maioría de votos entres os presentes. No caso de empate decidirá o voto do presidente.

Artigo 18º.-Facultades do presidente.

a) O presidente da Comisión do Fondo presidirá as reunións as que se realicen. Dirixiraas, convocaraas e vixiará a execución dos acordos que nelas se tomen.

b) En caso de ausencia será substituído por un vocal que designen os demais membros.

Artigo 19º.-Facultades do secretario.

a) O secretario da Comisión do Fondo Social estenderá e levantará actas de tóda-las reunións, serán asinadas por el mesmo e levarán o visto e prace do presidente.

b) En caso de ausencia será substituído polo vocal que designe a comisión.

c) Os vocais da Comisión do Fondo Social colaborarán nas funcións asignadas á dita comisión emitindo o seu voto en tódolos que se susciten e achegando os suxestións que coiden convenientes.

Artigo 20º.-Facultades da Comisión do Fondo Social e de Formación.

a) Representa-lo Fondo Social en tódolos ámbitos e exercer tódalas accións e dereitos que lle competan, así como delegar esta representación para casos concretos na persoa que coide conveniente.

b) Aproba-las normas de aplicación dos servicios e prestacións do Fondo Social.

c) Aprobar con carácter previo os orzamentos anuais, balance, memoria; en xeral, calquera acordo que deba ser sometido ó comité de empresa.

d) Acordar con carácter excepcional, a realización de gastos que non teñan consignación nos orzamentos anuais, dando conta na primeira reunión do comité de empresa.

e) Acorda-la realización de prestacións extraordinarias.

f) Aproba-la apertura de contas en entidades bancarias e designa-las persoas que poidan utilizalas. Para estes efectos será necesario a sinatura conxunta do presidente, secretario e un vocal.

g) A organización e administración do Fondo Social.

h) Resolución de tódalas pretensións de tódolos traballadores en relación cos presentes estatutos.

i) Resolve-las reclamacións que poidan formularse en relación coas prestacións da Comisión do Fondo.

j) Velar polo cumprimento dos seus estatutos.

Capítulo 4º

Prestacións

Artículo.-Prestacións do Fondo Social.

1) Préstamos con devolución para pactar segundo o caso.

2) Sen devolución.

a) As solicitudes para as ditas prestacións deberán ir debidamente acompañadas coa documentación na que se basea a petición, e as causas que motivaron a solicitude.

b) As solicitudes serán presentadas á Comisión do Fondo Social para o seu estudio, a cal lle responderá ó solicitante da súa decisión.

c) Non será posible a concesión dunha nova prestación, no referente ós préstamos, en tanto exista saldo pendente de amortizar dun préstamo anterior.

d) Si poderá solicitar axudas para outros fins non relacionados coa prestación de axudas económicas ou similares.

Capítulo 5º

Anexos, modos de funcionamento aprobados polo seo do Comité de Fondo Social e posteriormente polo comité de empresa

Artigo 22º

a) Queda eliminado en toda normativa de funcionamento ... e de formación, xa que esta comisión entende que existen agora moitos cursos financiados polo FORCEM e pola propia empresa, o que fai que a formación continua teña outras vías de financiamento.

b) Nesta misma liña en en concordancia coa política de bolsas existente actualmente non se aboará cantidade ningunha para estudios.

c) Así mesmo tódolos gastos que sexan aboados pola Seguridade Social quedan excluídos deste fondo.

d) Pódense solicitar axudas para rehabilitacións baixo prescrición facultativa que non estean subvencionadas pola Seguridade Social. É de obrigatorio cumprimento que sexa entregado un informe médico no que indique a súa continuidade.

Artigo 23º

As facturas presentadas a este comité de Fondo Social teñen unha validez de 3 meses a partir da data da súa emisión, descontando delas os períodos vacacionais. Unha vez entregadas a un membro da Comisión do Fondo Social, e estando nos 3 meses regulamentarios, non teñen caducidade aínda que se supere este tempo no intervalo comprendido entre a súa entrega e a da data da reunión mensual do Fondo Social.

Artigo 24º

Para un mellor e equitativo reparto das subvencións outorgadas por este fondo social terase en conta a cifra en pesetas para calcula-lo tanto por cento aplicable. Dividirase en tramos de 99.999 e toda a cantidade comprendida nese tramo calcularáselle o % indicado a continuación.

De 1 a 99.999 subvenciónase: 50%.

De 100.000 a 199.999 subvenciónase: 40%.

De 199.000 a 299.999 subvenciónase: 30%.

De 299.000 a 399.999 subvenciónase: 20%.

De 399.999 a 499.999 subvenciónase: 10%.

De 499.999 en diante subvenciónase: 10%.

A Comisión de Fondo Social, na procura dun reparto equitativo, expcepcionalmente se a cantidade de facturas supera a cantidade de diñeiro no fondo, poderá repartir tal cantidade rebaixando as porcentaxes que haxa que aplicar en cada caso.

Artigo 25º.-Antigüidade dos traballadores con peticións.

Para fomenta-lo reparto das contías do Fondo Social entre tódolos traballadores con dereito a prestacións del establécese o seguinte:

A vida natural dunha factura, unha vez subvencionada, é de 4 anos. É dicir tódalas facturas que se presenten nun período de 4 anos acumularán a súa cantidade para face-lo cálculo porcentual reflectido no artigo 24.

Unha vez transcorridos estes 4 anos de vida dunha factura automaticamente será descontada esta cantidade de cara a calcula-la porcentaxe que se vai a aplicar na vindeira petición por traballador.

Artigo 26º.-Aboamento das axudas.

Os traballadores de Copo Ibérica, S.A. teñen automaticamente, salvo sancións impostas polo propio comité de Fondo Social, dereito a percibi-las axudas estipuladas por el de acordo co artigo 10 do presente anexo.

Sen menoscabo dos dereitos que lles corresponden ós traballadores contratados segundo o artigo 14 do convenio colectivo de Copo Ibérica, S.A. terán que ter unha antigüidade mínima de 3 meses para solicitar axudas a este Fondo Social.

Artigo 27º.-Aboamento a persoal ausente.

O persoal eventual que, cumprindo o requisito do artigo 26º unha vez cumpridos tódolos requisitos para percibir unha axuda, non se atope traballando na empresa, terá dereito a percibi-la contía que se lle atribuíu. Os modos de aviso poderán ser:

a) Por medio dun familiar ou amigo que o avisara para que o veña recoller.

b) Se non existe a posibilidade de utiliza-lo modo a) para comunicarlle-la existencia desta axuda aprobada, o secretario do comité de Fondo Social solicitara ó departamento de persoal que faga esta xestión en nome do comité de Fondo Social ou lle sexa facilitado o seu número de teléfono ou o seu enderezo para porse en contacto con el. Os datos que se entreguen para facer esta xestión serán coñecidos exclusivamente polo secretario do Fondo Social e unha vez cumprido o seu propósito serán destruídos, sen que quede constancia ningunha.