Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación e de bolsas de predoutoramento correspondentes ó programa de investigación mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocado nos anexos I, II e III da Orde do 9 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 26 de abril).

A orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública do 9 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 26 de abril), aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación (anexo I e II) e para bolsas de predoutoramento (anexo III) do programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 4, 8 e 6 dos anexos I, II e III, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións para designar polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesquera e Investigación

RESOLVEN:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan.

Segundo.-Vista a avaliación favorable e de acordo co establecido no punto 2.1 das bases da convocatoria, infórmanse favorablemente os proxectos que se relacionan no anexo II e polo importe que se citan, co fin de que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura estudie o seu financiamento con cargo ós seus orzamentos de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en recursos mariños e vertidos ó mar ás empresas que se

relacionan no anexo III da presente resolución, na contía e polas anualidades, que en cada caso, se sinalan.

Cuarto.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos mencionados anexos I, II e III que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a avaliación favorable.

Quinto.-Concederlles bolsas de nova adxudicación para a realización da tese de doutoramento, durante o período do 1 de outubro de 1999 ó 30 de setembro do 2000 (ámbolos dous incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo IV da presente resolución.

Sexto.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo IV desta resolución, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesquera e Investigación procederán, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicárlle-la dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo V da presente resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo V.

Sétimo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 9 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 26 de abril), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Octavo.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nembargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Proxectos de investigación aplicada en ciencias e tecnoloxías mariñas.

Adxudicatarios

Investigador principalCódigo Prox.Nº anosTítulo1ª anualidade2ª anualidade3ª anualidadeTotal

Aubourg Martínez, Santiago PedroPGIDT99MAR402023Almacenamento en estado conxelado de especies de peixe graxo infravaloradas: medida da rancidez desenvolvida e estudio da súa inhibición.7.400.000 ptas.1.400.000 ptas.700.000 ptas.9.500.000 ptas.

Investigador principalCódigo Prox.Nº anosTítulo1ª anualidade2ª anualidade3ª anualidadeTotal

Calleja Suárez, José MªPGIDT99MAR203023Estudio farmacolóxico de fucanos e outros compostos bioloxicamente activos de macro e microalgas mariñas.6.830.000 ptas.1.500.000 ptas.800.000 ptas.9.130.000 ptas.

Franco Soler, José MarianoPGIDT99MAR402013Illamento e purificación de toxinas liopofílicas do complexo DSP a partir de cultivos de dinoflaxelados.10.100.000 ptas.2.000.000 ptas.900.000 ptas.13.000.000 ptas.

González Gurriarán, EduardoPGIDT99MAR103012Comportamento migratorio da centola Maja squinado no sur e norte de Galicia, e a súa relación coa pesquería.7.300.000 ptas.1.600.000 pta.08.900.000 ptas.

Guerra Sierra, ÁngelPGIDT99MAR402043Influencia de factores ambientais sobre a mortalidade larvaria do polbo (Octopus Vulgaris) en auga de Galicia5.550.000 ptas.1.250.000 ptas.600.000 ptas.7.400.000 ptas.

Leiro Vidal, José ManuelPGIDT99MAR203013Desenvolvemento de vacinas de terceira xeración para o control de microsporidiose do rodaballo en cultivo.6.385.000 ptas.1.615.000 ptas.1.500.000 ptas.9.500.000 ptas.

Méndez Felpeto, JosefinaPGIDT99MAR103023Análise xenética dos solénidos de interese comercial en Galicia: marcadores citoxenéticos e moleculares.7.630.000 ptas.1.870.000 ptas.1.500.000 ptas.11.000.000 ptas.

Murado García, Miguel AnxoPGIDT99MAR402033Optimización da producción de bacteriocinas e da súa aplicación á conservación de productos pesqueiros refrixerados.7.100.000 ptas.1.900.000 pas.1.500.000 ptas.10.500.000 ptas.

Navarrina Martínez FermínPGIDT99MAR118012Modelo hidrodinámico do fluxo e transporte en augas pouco profundas en rías e instalacións portuarias.9.850.000 ptas.2.150.000 ptas.012.000.000 ptas.

Pérez Camacho, AlejandroPGIDT99MAR604013Determinación das condicións óptimas para a maduración sexual da ameixa fina (Ruditapes decussatus l)4.500.000 ptas.1.000.000 ptas.500.000 ptas.6.000.000 ptas.

Os proxectos anteriormente relacionados serán financiados con cargo á partida orzamentaria 04.07.432A.740.0 de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 1999, 2000 e 2001. En consecuencia os pagamentos serán realizados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

ANEXO II

Relación de proxectos pertencentes a centros públicos dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

Investigador principalCódigo Prox.Nº anosTítulo1ª anualidade2ª anualidade3ª anualidadeTotal

Linares Cuerpo, FátimaPGIDT99MAR501013Estudio das necesidades nutritivas do ollomol Pagallus bogaraveo, nas fases larvarias e de engorde.4.850.000 ptas.2.575.000 ptas.2.575.000 ptas.10.000.000 ptas.

Zapata Gago, ManuelPGIDT99MAR501023Análise de pigmentos fotosintéticos por cromatografía líquida-espectometría de masas. Aplicación á caracterización taxonómica do fitoplancto mariño.5.900.000 ptas.1.100.000 ptas.1.000.000 ptas.8.000.000 ptas.

ANEXO III

Proxectos de investigación empresarial en recursos mariños e vertidos ó mar.

Adxudicatarios

Investigador principalCódigo Prox.Nº anosTítulo1ª anualidade2ª anualidadeTotal

Martesanal, S.L.PGIDT99MAR01E2Cultivo experimental do linguado (Solea senegalensis) en Galicia.2.000.000 ptas.1.000.000 ptas.3.000.000 ptas.

Pez Austral, S.A. (Islamar)PGIDT99MAR02E2Minimización da carga orgánica en efluentes residuais dunha industria de precociñados de productos pesqueiros.2.400.000 ptas.1.400.000 ptas.3.800.000 ptas.

Stolt Sea Farm, S.A.PGIDT99MAR03E2Aplicación de marcadores microsatélite en programas de mellora xenética do rodaballo: análise da diversidade xenética.4.500.000 ptas.1.500.000 ptas.6.000.000 ptas.

Os proxectos anteriormente relacionados serán financiados con cargo á partida orzamentaria 12.04.721A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 1999 e 2000. En consecuencia os pagamentos serán realizados pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

ANEXO IV

Bolsas predoutorais

Adxudicatarios

Apelidos e nomeDNI

Álvarez Ballesteros, Marta36.138.608-L

Bellas Bereijo, Juan76.414.494-F

Costas Gándara, Roberto Carlos36.116.403-D

Fernández Rodríguez, Nuria09.801.244-R

Serán financiadas con cargo á partida orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999. En consecuencia, os pagamentos serán realizados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

ANEXO V

Relación suplentes (bolsas predoutorais) por orde de prioridade

Apelidos e nomeDNI

1º Pereira Cividanes, Sira36.127.824-Y

2º Ríos Vázquez, Julia32.824.876-N

3º Durán Gallego, Ruth36.136.226-Y

4º Fernández López, J. Carlos33.306.205-C