Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 99/204).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Queizuar, S.L, con enderezo social no lugar de Bama-Touro (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración funcionando en isla composta por: dous grupos motor-xerador de 205 kVA cada un, alimentado con gasóleo, así como instalación de almacenamento de combustible, aproveitamento térmico, protección, mando, sinalización e medida.

Lugar onde se vai establece-la instalación:

Factoría da empresa no lugar de Bama-Touro, A Coruña.

Orzamento: 12.705.750 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo Monelos s/n. 150071 A Coruña.

A Coruña, 9 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións