Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 14 de setembro de 1999 Páx. 11.230

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/99-10).

José Gómez Rey, maxistrado xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 102/1999-10, por instancia de José Manuel Quintas Bautís e legal representante de Xoiería Alfonso, contra José Ángel Castaño Tubío, e nas súas actuacións, en resolución desta data, acordouse citar a José

Ángel Castaño Tubío co fin de que o día sete de outubro, ás once horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á realización do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que, no caso de non o verificar, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito, e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a José Ángel Castaño Tubío, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vinte de agosto de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado